Os electivos progresistas e centristas

A política que o goberno progresista prometeu está a cumprirse. E é que todos os gobernos progresistas se caracterizaron por ser fieis ao seu papel, á súa función no actual réxime. Desde Felipe González ata o goberno de hoxe de Pedro Sanchez, Pablo Iglesias, e o xeneral Julio Rodriguez, son leais aos seus financiadores, a gran banca.

Por Álvaro Rodríguez | Santiago de Compostela | 09/09/2020

Comparte esta noticia

Os seus patrocinadores agradecen publicamente a súa gran xestión: Ana Botín, presidenta do Banco Santander, declaraba que “tanto os  ERTE como  ICO funcionaron fenomenal e máis rápido que en Alemaña e Inglaterra”. Carlos Torres Vila, presidente do BBVA, aseguraba que “a resposta que se deu ata o de agora a curto prazo foi na boa liña”. O presidente de Telefónica, Jose Maria Álvarez, e o Presidente de Iberdrola, Ignacio  Sanchez  Galan, aplauden a política do goberno. E non é para menos. As cousas van moi ben para as grandes empresas e a banca. E cando chegue o momento en que todo estea de saldo, íralles moitísimo mellor.  A maior quebra do estado  maior beneficio para a banca.

A presidenta de Banco Santander, Ana Botín, na Conferencia Internacional de Banca 2019. BANCO SANTANDER - Arquivo
A presidenta de Banco Santander, Ana Botín, na Conferencia Internacional de Banca 2019. BANCO SANTANDER - Arquivo

Vemos como este goberno de coalición, “o máis progresista da historia”, mostra a súa absoluta lealdade á elite empresarial, coa creación da “Unidade de Seguimento do Fondo de Recuperación”, un equipo destinado a dirixir a economía española nesta “nova normalidade” e do que formarán parte grandes empresas,  como bancos, enerxéticas e tecnolóxicas.  Unha vez máis, estes progresistas están ao servizo dos seus patrocinadores.

Un dos xefes do goberno de Podemos,  Pablo Iglesias, (en alianza co xeneral Julio  Rodriguez, o xefe do gabinete de vicepresidencia), no programa Al Rojo  vivo, declaraba: “O que se está xogando agora mesmo no noso país é, ademais, a necesidade de que unha nova elite empresarial asuma o protagonismo na nova época que se está construíndo”.

Para o Secretario Xeral de Podemos e Vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030 (Centro de repartición entre a oligarquía dos diñeiros públicos),  é necesaria unha nova elite empresarial, aínda que parece ser que a falta dunha nova, os directivos do  Ibex 35 válenlle de momento. E os que hai de momento, tamén están contentos co seu goberno. A concordia e o dialogo entre a banca, gran capital español e internacional é perfecta.

A fusión de  BANKIA e  CAIXABANK  coas  estampillas administrativas do goberno, é outro exemplo do bo facer do goberno ao servizo dos seus titores. Hai só 10 anos, o progresista Zapatero, agasallou 120.000 millóns de euros; posteriormente a banca pública pasou á man da oligarquía financeira, os amos do país. Agora o goberno progresista dá un paso máis, e regala os fondos destinados no seu día  a  BANKIA aos donos do sistema, a oligarquía financeira.

Temos que ter presente que  o gran negocio actual é a débeda pública. O déficit do estado é obxecto de especulación  e beneficios para a banca. Cada  ano, novo déficit, novos préstamos, e con iso a aristocracia financeira saca uns inxentes beneficios. A maior quiebra-deficit do estado, máis progreso e beneficio para a banca.

Xa sexa coa  man esquerda (os electivos progresistas),  ou coa man dereita (os electivos centristas), a banca enche as súas caixas co diñeiro. O diñeiro sempre acaba nas suas contas… que os pequenos empresarios, autónomos e a inmensa clase traballadora ven obrigados a pagar vía impostos.

E é que o slogan “soa e borracha quero chegar a casa”, era moi realista: coa taxa de paro existente, os salarios  paupérrimos, as reformas laborais realizadas polos progresistas e centristas, os impostos e custo da vida prohibitivos, a imposibilidade de formar unha familia, etc, a soidade e a evasión da realidade é unha tráxica tentación…

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Álvaro Rodríguez Nuñez Doctor en Ciencia Política. Autor de varios ensaios sobre procesos políticos contemporáneos. Ten publicado diferentes estudios en revistas de pensamento político, nas cales colabora.