O Concello de Vilagarcía segue pechado e o seu alcalde confinado á espera dalgunhsa probas PCR

Un total de 38 probas PCR realizadas aos seus traballadores deron negativo peo hai algunhas pendentes de confirmación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2020 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

O Concello de Vilagarcía de Arousa permanece pechado ao público por precaución a pesar de que as 38 probas PCR realizadas o venres 18 a traballadores municipais e aos concelleiros do grupo de goberno deron negativas.

O Consistorio pechou as súas portas ao público o pasado venres tras detectarse varios positivos nas probas serolóxicas realizadas aos seus empregados e ao propio alcalde, Alberto Varela. Ademais, anuncia que "esta situación manterase ata que se coñezan os resultados de todas as probas feitas nestes días e as que quedan por realizar a quen deron positivo no test serolóxicos".

Como consecuencia deses posibles casos de infección, o Concello decidiu facer probas PCR a todos os membros do equipo de goberno e a unha vintena de traballadores das áreas relacionadas con Alcaldía e Secretaría, principalmente. O resultado foron en todos os casos negativo.

A pesar diso o Concello de Vilagarcía decidiu renovar este luns a súa actividade, pero sen atención presencial ao público ata coñecer a conclusión das probas que restan por facer a varios traballadores. O grupo de goberno xustifica a súa decisión de manter pechadas as portas do Concello "por prudencia". E lembra que a atención aos cidadáns realizarase igualmente, aínda que por vía telefónica ou telemática.

ALCALDE CONFINADO

Entre esas probas pendentes figura unha segunda PCR ao alcalde, que foi unha das persoas con positivo no primeiros test serolóxicos, aínda que o resultado negativo da PCR que lle foi realizada o venres deu a entender que se podería tratar dun falso positivo.

A pesar desa PCR negativa, Alberto Varela decidiu permanecer voluntariamente confinado, situación que mantén desde o pasado venres, á espera do resultado dunha segunda PCR que confirme definitivamente que non está contaxiado. O goberno local propuxo aos demais grupos da corporación suspender as comisións informativas desta semana e o pleno previsto para este xoves.

Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa | Fonte: Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta