Temas: LUGO POLICíA CAN

A Policía Local de Lugo auxilia un can sen microchip achado ferido nunha cuneta

O animal "ten lesionada unha pata traseira" e "presenta feridas na barriga".

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 28/09/2020 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron a un can sen microchip despois de achalo ferido este domingo pasado nunha cuneta na capital luguesa.

Can sen microchip achado ferido nunha cuneta en Lug
Can sen microchip achado ferido nunha cuneta en Lug | Fonte: Policía Local.

Segundo relatou a Policía Local, na tarde do domingo 27 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detectou nunha cuneta da parroquia de Beixo un can ferido.

As mesmas fontes indicaron que os axentes observaron que o animal "ten lesionada unha pata traseira" e "presenta feridas na barriga", engadiron.

Por iso, trasladaron o can ao hospital veterinario Rof Codina para recibir asistencia. Ademais, a Policía Local subliñou que este animal carece de microchip.

Temas: LUGO POLICíA CAN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta