Por GC Tendencias | Arbo | 27/04/2013 | Actualizada ás 11:00
Este sábado, a partir das 17.00 horas no Multiusos de Arbo celébrase o I Certame Galego de Corais. Organizado polo concello en colaboración coa Coral Polifónica de Arbo, participarán 8 corais procedentes de toda a xeografía galega.
Neste certame interpretarase como peza obligatoria Linda Flor, unha habanera do Mestre Francisco Antonio Rey. Así mesmo deberán intrepretar dúas obras adicionais, unha delas en galego. Todas as pezas serán interpretada a capela.
Repartiranse 1.100 euros en premios que outorgorá un xurado presidido polo alcalde de Arbo, Xavier Simón, con voz pero sen voto e do que forman parte ilustres profesionais da música coral e polifónica. Entre eles, José Igleisas Ramilo, compositor e director da Coral Valladares, Manuel Ángel Viro Caamaño, compositor e director do Coro Sportivo de Ponteareas; Ruta Poznakova, profesora de viola ou César Posada, profesor de clarinete e director da Escola e da Banda Municipal de Argo.
Asimesmo, actuará como Coral convidada a Coral Polifónica de Eureka, Vigo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.