Case o 50% dos españois critica o papel dos medios de comunicación durante a pandemia

O 59,9 por cento dos españois ten mala opinión do Goberno central, os medios e os gobernos rexionais polo seu papel durante a crise.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 11/11/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A opinión que os españois teñen sobre o Goberno central, os autonómicos e tamén os locais empeorou coa pandemia do coronavirus. Tamen empeorou, e moito, a imaxe que teñen dos medios de comunicación.

Cabeceiras de xornais galegos
Cabeceiras de xornais galegos

Así, o Executivo de Pedro Sánchez colócase como a institución máis cuestionada, seguido dos medios de comunicación e en, terceiro lugar, o goberno autonómicos, segundo despréndese do estudo especial sobre os efectos e consecuencias da emerxencia sanitaria realizado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

Segundo a enquisa, publicada este mércores, o 60% das persoas consultadas ten agora peor opinión sobre o Goberno de coalición que antes da pandemia, unha porcentaxe que queda no 47,1% cando se pregunta polos gobernos das respectivas comunidades autónomas. No medio de ambos, quedan os medios de comunicación criticados polo 47,7%.

No caso dos gobernos locais, as porcentaxes están máis igualados, aínda que tamén son máis os que din empeorar a súa opinión sobre os mesmos (35%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ese 60% cando cheguemos ao mes de febreiro será un 70% pero seguro que daquela o CIS preguntará pola Monarquía (?) E seguro que así temos de que falar ata o mes de maio (?) cando volveremos a votar se seguimos baixo estado de alarma para maior comodidade do Goberno de Coalición Progresista (GCP) https://i.gal/gam24