A Xunta gastará 8 millóns en propaganda nos medios en plena crise da Covid

Feijóo anuncia, polo menos, "cinco campañas de impacto autonómico e nacional" centradas no Xacobeo de 2021.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

Diñeiro aos medios de comunicación para potenciar o turismo. Esa é a estratexia da Xunta. Unha estratexia que custará case oito millóns de euros que serán repartidos entre os medios tradicionais e que servirán para manter a súa precaria economía en tempo de Covid. Un xeito de vender publicidade institucional ou propaganda para que estes medios sigan falando ben do Goberno galego e da xestión de Feijóo.

Alberto Núñez Feijóo intervén ante os medios tras a reunión da comisión Organizadora do Xacobeo 2021.. XUNTA DE GALICIA
Alberto Núñez Feijóo intervén ante os medios tras a reunión da comisión Organizadora do Xacobeo 2021.. XUNTA DE GALICIA

Esta nova estratexia farase a través "dunha gran campaña de promoción para potenciar" o Xacobeo de 2021 e, segundo o presidente galego, "apoiar o sector turístico galego". Unha iniciativa que se enmarca dentro das medidas impulsadas para axudar a un dos sectores que máis sufriron o impacto da crise, o turismo, e de paso, outro que o está pasando moi mal, os medios de comunicación.

Así, o Consello da Xunta aprobou o expediente de gasto relativo a este proxecto, que ascende a 7,9 millóns de euros. O seu obxectivo principal será chegar a diferentes segmentos da poboación e atraer a visitantes para facilitar a reactivación do sector turístico no seu conxunto. O período de execución deste plan de promoción prolongarase durante 12 meses, entre o primeiro trimestre de 2021 e o de 2021.

En canto ao acordo marco, prevense, polo menos, "cinco campañas de impacto autonómico e nacional" centradas no Xacobeo de 2021; nas campañas de verán e outono do próximo ano, e na de primavera de 2022; así como unha campaña interna dirixida a concienciar sobre a necesidade de darlles unha boa acollida aos visitantes durante o Ano Santo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Rouban o noso Dereito a disfrutar de Medios Veraces Libres e Independentes ! https://twitter.com/00Gamela/status... mentras nós escribimos comentarios outros están preparando a DESINFORMACIÓN INSTITUCIONAL ! Insisto que o único medio para loitar contra a manipulación informativa é apostar polos escasos medios que aínda manteñen aceso o facho da súa independencia ! GC GC GC Saúde e Liberdade !

1 Gamela

Como único comentario animar aos lectores de GC a suscribirse por 48 €uros ao ano e romper os muros de pago da prensa subvencionada que están a converter a información en muros de silencio, onde a verdade se vende e se compra sen pudor nin INDEPENDENCIA !