Por Desconcierto | Lugo | 31/05/2013 | Actualizada ás 13:56
Serán 27 os graffiteros invitados nesta edición chegados de toda Europa os que vestirán un ano máis os muros de Frigsa, pero tamén haberá muros libres por se vos animades.
Á xoia da coroa edición tras edición, o campionato de skate, sáenlle duros competidores. O Basket 3 x 3, BMX, o espectacular Dirt Jump, e tras o éxito do ano pasado volve con máis forza as batallas de breakdance co seu propio espazo a cargo de Vella Escola e Dj Cro.
Como marco sonoro máis de 10 dj ´ s e artistas poñerán o ritmo aos trucos, os mates, as caídas e os sprays. O día 1 actuarán Soker, DJ Pimp, Noyzebox e Kaixo. A asistencia é gratuíta ás actividades diúrnas. Non se acepta crise como escusa.
Para os que queiran continuar o bambeo haberá autobuses para o traslado ata a 'after party' oficial na Sala Velvet con entrada anticipada de 2,50 euros. Moito licor do cervo e sorteo de material mentres se alternan na cabina Save our Souls, Low light, María González e Disco Episcopal.
Por certo non dan chuvia, así que tampouco o tempo valerá para escusar a quen non aparece por alí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.