O PP de Ourense sae na defensa do xefe de xinecoloxía de Verín expedientado pola Xunta do PP

A Deputación ourensá aprobou unha moción na que expresa o seu apoio a Javier Castrillo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/11/2020 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

A sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense aprobou este venres por unanimidade unha moción na que se expresa o respaldo da institución provincial ao xefe de xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo.

Ademais, a moción, debatida en trámite de urxencia, insta á Xunta de Galicia e ao Sergas ao arquivo inmediato do expediente aberto para a súa inhabilitación, sempre "no caso de que a causa do mesmo fose o seu posicionamento polo peche temporal do paritorio do hospital de Verín".

A unanimidade repetiuse na moción que presentaba o Bloque Nacionalista Galego sobre a unidade de lactantes e preescolares no CHUO, na que solicitaban que fosen separados para unha mellor atención. Para ilustrar a importancia disto, o deputado nacionalista Bernardo Varela recorreu a contar o que viviu a deputada Montserrat Lama, de Ciudadanos, que acaba de ser nai.

Así, Varela postulou que a deputada lle fixo saber que durante o seu ingreso no hospital puido comprobar "como as enfermeiras e o persoal sanitario en xeral atopábase saturados e mesmo mandaban persoal doutras áreas sen experiencia". Por iso, reclamaba instar á Xunta e ao Sergas a "a reincorporación inmediata de persoal especializado nos seus postos de traballo" nunha área que consideran "sensible para unha provincia que necesita o aumento da natalidade".

A pesar de que en primeira instancia houbo un debate con Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación, quen sinalaba que preescolar e lactantes "permanecen xuntos porque a separación que se ía a realizar está agora mesmo ocupada por camas para pacientes covid", polo que o Partido Popular presentaba unha moción de substitución, finalmente esta foi retirada e aprobouse a moción do BNG.

Protesta de sanitarios, enfermeiros e médicas, entre outros, ás portas do hospital de Verín en contra da precarización
Protesta de sanitarios, enfermeiros e médicas, entre outros, ás portas do hospital de Verín en contra da precarización | Fonte: Diario do Támega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta