Por Galicia Confidencial | Oviedo | 09/06/2013 | Actualizada ás 10:00
A Consejería de Educación, Cultura y Deporte do Principado de Asturias porá en marcha este luns unha campaña informativa para impulsar a matriculación en "Llingua asturiana" e "galego-asturiano", baixo a lema '#yoapúntome, porque lo llevamos dientro'.
Esta iniciativa recupérase despois de anos sen facerse (a última vez foi en 2008). Para iso repartiranse carteis por todos os centros públicos e concertados do Principado en Educación Primaria e Secundaria onde se imparten ensinos de asturiano.
Desde 1984
Segundo informou o Principado a través dunha nota de prensa, o ensino da lingua asturiana empezou a impartirse oficialmente en 1984 nunha serie de centros educativos públicos, que foron aumentando nos anos sucesivos. Na actualidade impártense estes ensinos 331 centros educativos.
A lingua asturiana é unha materia do currículo, que se pode estudar en todos os centros públicos e concertados de Ensino Primario e Secundario. Con ela, o Goberno do Principado de Asturias "quere mostrar o seu apoio ao ensino do asturiano e promover o coñecemento dun feito cultural que contribúe á formación integral do alumnado, respectando sempre a libre opción e a voluntariedad da súa aprendizaxe".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.