Desarticulada unha rede de prostitución en Santiago en plena pandemia

O suposto líder da trama, un home, ingresou en prisión.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/01/2021 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Dúas persoas, unha muller de nacionalidade peruana e un home, foron detidos no marco dun operativo da Policía Nacional que desarticulou unha rede que captaba mulleres en países de Sudamérica para exercer a prostitución nunha vivenda do centro de Santiago de Compostela.

O desarrrollo da operación 'Imperial', segundo informa a Policía Nacional este mércores, permitiu desarticular esta trama, cuxa 'xefa' ingresou en prisión por orde do xulgado de instrución número 3 da capital galega.

A investigación levada a cabo ao longo dos últimos meses do ano 2020 terminou coa detención destas dúas persoas, acusadas, respectivamente, de delitos de postitución e agresión Sexual e infracción á Lei de Estranxeiría. Ademais, permitiu desarticular o piso onde exercían a prostitución as vítimas.

Estas chegaban a Santiago procedentes, principalmente, de países como Perú e Colombia despois de contactar cos agora detidos a través de ofertas de emprego en páxinas de Internet nas que se ofrecían postos de traballo como masaxistas.

Prostitución na rúa
Prostitución na rúa | Fonte: kamtchatka

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta