Así é o novo proxecto para que o estudantado coñeza a literatura a través dos escritores

A AELG tamén publica tres unidades didácticas para que o alumnado se achegue ao teatro

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Explicar a relación entre literatura e os espazos, e definir a relación entre literatura e actitudes, son dous dos cometidos de 'A vila imaxinada', o novo proxecto publicado pola Asociación de Escitoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

'A vila imaxinada' é o novo proxecto publicado pola Asociación de Escitoras e Escritores en Lingua Galega para achegar ao estudantado a obra dos escritores
'A vila imaxinada' é o novo proxecto publicado pola Asociación de Escitoras e Escritores en Lingua Galega para achegar ao estudantado a obra dos escritores | Fonte: remitida

Pensadas para o seu uso na aula e axustadas a un tempo de 50 minutos, trátase de catro unidades que buscan xeitos alternativos de aproximar a literatura ás lectoras e lectores novos. A colección inicial chega da man de María López Sández, cunha proposta sobre a importancia dos lugares na obra de Rosalía de Castro como reivindicación política e do sublime. A segunda unidade didáctica é a de Antonio Manuel Fraga, cunha proposta sobre a necesidade da fantasía na infancia e sobre a relación entre a visión de criaturas mitolóxicas e a catalogación científica. A terceira está baseada no manexo da perspectiva de xénero, tanto histórica como actual e a cuarta das unidades didácticas que incorporan un vídeo de uso nas aulas convida a visitar os lugares da cidade de Santiago relacionados directamente co mundo do teatro.

Cada unha destas unidades didácticas que se converten en actividades a realizar na aula preséntase coa biografía das autoras e un vídeo para proxectar na aula, con duración aproximada de 20-25 minutos. 

María López Sández, Antonio Manuel Fraga, Andrea Barreira Freije e Roi Vidal Ponte son as/os autoras/es das catro unidades didácticas co seu correspondente vídeo que pretende ofrecer á rapazada outra porta de entrada á literatura. As catro unidades poden descargarse na web da AELG, (https://www.aelg.gal/espazo-didactico/unidades-didacticas/educacion-secundaria/p/1). 

APROXIMACIÓN AO TEATRO

Por outra banda, a AELG vén de presentar un novo proxecto didáctico que ten como finalidade achegar ao estudantado ao teatro desde as actividades a desenvolver na aula. Pretende servir de porta de entrada do alumnado cara ao teatro e servir de guía ao profesorado para a realización de actividades escénicas no espazo escolar.

“Escena para todas” ten o teatro como protagonista e pretende que a rapazada perda o medo ao ir ao teatro e se anime a pasar das aulas aos patios de butacas. Asemade créanse tres unidades didácticas baixo o proxecto didáctico "A vila imaxinada" que ofrecen unha parte argumental, vídeos complementarios e unha serie de actividades para realizar na aula.

A achega de Escena para todas vén de man do crítico teatral, xornalista e escritor Camilo Franco, que explica algunhas das razóns prácticas para ser espectadoras/es activas/os a partir de tres fragmentos da obra Eroski-Paraíso, de compañía teatral Chévere, que o alumnado tamén pode ver en liña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta