A reivindicación do Bierzo de adherirse a Galicia chega ao Parlamento galego

O BNG presentan unha iniciativa en colaboración con Coalición polo Bierzo que pide que se escoite "a voz" dos bercianos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O BNG traerá ao Parlamento de Galicia a reivindicación de Coalición polo Bierzo de que esta comarca reciba a consideración administrativa de provincia, á vez que se solicita á Xunta que manteña a porta aberta a unha posible adhesión do Bierzo a Galicia.

A iniciativa, que será levada a pleno a través dunha proposición non de lei, pedirá o respaldo da Cámara galega á declaración do Bierzo como provincia, unha demanda "con ampla base" social que xorde da "vontade" do "pobo berciano", como recollen distintos estudos demoscópicos publicados nos últimos tempos.

Os encargados de presentar a proposición foron a deputada do BNG María González Albert e o secretario xeral de Coalición polo Bierzo, Iván Alonso, quen reclamou que "se escoite a voz dos bercianos" e se atendan as súas demandas a través de mecanismos democráticos para o seu recoñecemento como provincia.

Segundo expuxo a parlamentaria do Bloque, unha enquisa publicada a comezos do pasado ano 2020 revelaba que os bercianos eran partidarios de constituír unha provincia propia que se incorporase a Galicia por diante de formar parte dunha hipótetica comunidade autónoma de León.

Ante a conmemoración en 2021 do bicentenario da constitución da provincia do Bierzo (que abarcaba, ademais da propia comarca, territorios do que hoxe é León, Lugo e Ourense), BNG e Coalición polo Bierzo consideran "adecuado" impulsar esta reivindicación e traela ás institucións galegas.

Todo iso para crear un marco de "diálogo" entre a Administración galega e as entidades bercianas para explorar vías de colaboración que ensanchen os "moitos" vínculos que unen Galicia con esta comarca situada nos límites administrativos entre terras galegas e leonesas.

Unha "barreira" administrativa que a crise provocada pola pandemia acrecentou, segundo expuxo Iván Alonso. "Esa fronteira administrativa é un auténtico drama económico, social e de afectos que non se pode consentir", apostilou. E é que para Coalición polo Bierzo e o BNG, a separación administrativa desta comarca con Galicia é "inxusta" e "discrimina" aos seus veciños á hora de acceder a servizos ou en materia de infraestruturas.

Cartel indicador en Castropodame (O Bierzo).
Cartel indicador en Castropodame (O Bierzo).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Bernal Calvo Delaciga

Milleiros de galegos ingresando nas listas do desemprego e sen cobrar desde hai meses, autónomos desesperados, xente que non ten nin para comer, as cifras de contaxiados disparadas, unha administración ineficiente e mentireira... e os pijos do BNG, alleos coma sempre aos problemas da xente, preocupados única e exclusivamente polos seus delirios irredentistas. Así nos vai con esta "oposición". Disfruten do votado.

1 Anton 2.0

Crees que los Gallegos somos una excepción? Pues yo creo que todo el país está pasando por una situacion similar y no se ve una solucion fácil a corto plazo. Quizás tu la tengas.... podrías proponerla, en vez de criticar. Los que solamente critican a los demás sin aportar nada, están mucho mejor callados. Y con respecto a proferir insultos o menosprecios en los comentarios, pues que te voy a decir... que te calificas tu solito.

2 Caneda

Un blocallo criticando que se insulte e se fagan críticas destrutivas? Un blocallo criticando que se insulte e se fagan críticas destrutivas. Cousas veredes.

3 Anton 2.0

Que atrevida es la ignorancia.... Supongo que con esa palabra inventada que solo tiene sentido en tu hueca cabeza, tratas de insinuar que soy del BNG? Pues mira a donde llega tu ignorancia, que si así fuera te respondería en Gallego y como ves, mis dos comentarios estan en Castellano. Además... habría algun problema en ser del BNG? o acaso crees que es mejor ser FACHA.... Haztelo mirar...

4 Multinick

Non entendedes ao Bloque. Seguro que anexionar o Bierzo soluciona todos os nosos problemas.

5 nostrus

Cierto Anton 2.0, si fueras del bloque escribirias en gallego si o si, porque los del bloque no tienen capacidad decidir en que lengua deben escribir. Para poder decidir se necesita estar dotado de inteligencia y los del bloque actúan por el mismo principo que los animales irracionales, bien por su instinto o por lo que han sido entrenados. Un perro ladra y un burro rebuzna porque es lo que la Naturaleza les ha dotado que deben hacer por instinto, pero los seres humanos somos capaces a superar eso mediante aprendizaje, excepto los bloqueiros que, como mucho, pueden lograr a algo más mediante adoctrinamiento, pero capacidad individual para decidir no tienen.