Novos gromos en Ferrol e Carballo aumentan a 452 os usuarios de residencias contaxiados en Galicia

Detectáronse 12 contaxios no centro Mi Casa de Ferrol e oito na DomusVi Carballo, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/01/2021 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Os residentes en residencias de maiores contaxiados con Covid-19 volveron a aumentar ata os 452 tras detectarse 12 contagios no centro Mi Casa de Ferrol e oito na DomusVi Carballo, entre outros. Así consta nos datos actualizados este venres polas consellerías de Sanidade e Política Social, nos que se recollen, ademais, cinco contaxios na Residencia de Bande; tres na DomusVi Laraxe de Cangas; dous no Casón de Moeche; outros dous na San José de Ourense; un na residenica do Incio e outro na Ballesol de Oleiros.

Un traballador sanitario totalmente protexido contra a covid-19 acode a buscar un ancián da residencia de San Cibrao
Un traballador sanitario totalmente protexido contra a covid-19 acode a buscar un ancián da residencia de San Cibrao | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Pola súa banda saen da lista por dar negativo 16 usuarios de centros: cinco na DomusVi Vimianzo, tres na DomusVi Carballo, tres na Paz e Ben de Tui, dúas na San José de Ourense e un a DomusVi San Lázaro de Santiago, outro na de residencia de Burela e outro na de Bande.

Deste xeito, entre os centros con máis residentes contaxiados inclúense a DomusVi Carballo, con 77; a Quercus de Leiro, con 68; a Nosa Señora do Carme de Sarria, con 57; Residencia Fogar Santa María de Verín, con 22; e a Residencia de Bande, con 20.

TRABALLADORES

Pola súa banda, tamén se incrementan ata os 256, o que supón oito máis, tras dar positivo un traballador da residencia DomusVi Carballo; tres da Santa Teresa Jornet da Coruña; outro do Fogar Residencial de Cerceda; dous da DomusVi Vimianzo; dous do Casón de Moeche; outro da San José de Arzúa; outro da San Bartolomeu de Xove; outro da Nosa Señora dos  Miragres de Barbadás e outro de Mi Casa de Pazos de Borbén.

Mentres, saíron da lista por negativizar un traballador da Ballesol de Oleiros; outro da DomusVi San Lázaro de Santiago; outro da residencia do Incio; outro da residencia San Carlos de Celanova e outro da residencia de Esgos.

Entre os centros con máis traballadores con Covid inclúense a residencia DomusVi Carballo, con 31; a Residencia da Pastoriza, con 23; a Paz y Bien en Tui, con 21; a Quercus de Leiro, con 19; e a DomusVi Vimianzo, con 15.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos centros de atención á discapacidade de Galicia aumentan en 12 os usuarios contaxiados ata os 108 tras detectarse 11 positivos na residencia para persoas con discapacidade Pai Menni de Betanzos e outro na residencia para persoas con discapacidade Ricardo Baro de Oleiros.

En canto aos traballadores destes centros contaxiados, mantéñense en 44 ao rexistrarse un positivo no CAPD de Sarria e saír da lista por negativizar un da residencia para persoa con discapacidade de Aspace en Sada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta