Novagalicia será subastada en outubro tras recibir 9.000 millóns públicos

O ministro de Economía presenta como un logro que quen a compre non recibirá máis cartos dos contribuíntes. Os estafados coas preferentes seguen a mobilizarse mentres medran as especulacións sobre os posibles compradores.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/08/2013 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Luís de Guindos declarou hoxe á Axencia Efe que Novagalicia Banco terá novo dono en menos de dous meses, en outubro. O ministro de Economía admitiu que varias entidades españolas e foráneas mostraron interese en facerse co banco galego, o último reducto importante dun sistema financeiro do país.

Entidade de Novagalicia Banco
Entidade de Novagalicia Banco

Novagalicia está hoxe en mans do Estado tras recibir máis de 9.000 millóns de diñeiro público, en gran medida dende Bruxelas. O Goberno de España pretende vendela mentres promete  que a entidade que dirixe José María Castellano está xa saneada. O ex-responsábel de Lehman Brothers en España insistiu na entrevista con efe que Novagalicia xa limpou a súa carteira de activos tóxicos.

Castellano quere capital dos EE.UU.

O plan de Castellano pasa por atopar investidores foráneos que merquen a maioría do capital, pero que deixen ao actual equipo á fronte da xestión. O ex-número 2 de Inditex insiste en que hai un grupo de investidores dos EE.UU dispostos a aportar capital.

Con todo, á mesa de Luís de Guindos tamén chegarán ofertas dos grandes bancos españois durante o mes de setembro. Nos últimos días, La Caixa, Banco Santander e BBVA foron sinalados como algúns dos posíbeis compradores pola prensa especializada. Por exemplo, o diario electrónico Hispanidad destaca que o interese de La Caixa pode estar lastrado pola aposta soberanista de Cataluña.

Nuñez Feijóo e Castellano
Nuñez Feijóo e Castellano

U-la galeguidade prometida por Feijóo?

En calquera caso, a promesa do presidente da Xunta de conservar a "galeguidade" da entidade está condenada irremediablemente ao fracaso. Alberto Nuñez Feijóo quedaría en mellor posición, iso si, se o equipo de Castellano segue a frente do día a día de Novagalicia, malia que o poder de decisión estea fóra do Estado. Para a imaxe pública da Xunta tamén é moi relevante que, sexa quen sexa quen apañe Novagalicia Banco, a marca comercial sega sendo a mesma.

Na entrevista de Guindos non deu pistas sobre quen parte en mellor posición. Iso si, o mandatario conservador destacou que os poderes públicos non terán que ofrecer ningunha axuda extra ao comprador, que se fará cunha entidade na que se acaban de inxectar 9.000 millóns de euros públicos. A poxa é unha das imposicións establecidas pola UE a cambio do rescate bancario, como o foron os despedimentos e as quitas das preferentes.

Os preferentistas retiran os poucos aforros que lles devolveron

Precisamente os afectados de subordinadas e preferentes seguen a mobilizarse. O venres estafados das comarcas de  Santiago, Lugo, Pontevedra e Baixo Miño acudiron ás oficinas a retirar parte dos seus aforros, que xa son diñeiro líquido pero minguados pola quita. 

Os cidadáns prevén retirar o seu diñeiro de xeito paulatino cada dúas semanas. Tentan así meter presión para que se reabra a arbitraxe, a vía pola que unha pequena parte dos afectados recuperou o seu diñeiro.

Os preferentistas luciron as súas camisetas amarelas contra Novagalicia Banco
Os preferentistas luciron as súas camisetas amarelas contra Novagalicia Banco | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 Realidades económicas

Méndez,a persoa que máis mal fixo á economía galega....

8 bkk9

Non compensa pertencer a España, xa nos roubaron bancos, empresas, estaleiros, vacas, agora caixas. E todo polas decisións dos ministerios de Madrid. E mellor trballar por un estado galego propio.

1 INDEPENDENCIA

Eu penso que tamen. xa acontecdeu con U.FENOSA, e con todo o que se precie. ENCE non é mais que unha empresa colonialista causante da chea de eucalipteiras propagadores de lumes, o peixe toda se comercializa dende MADRID, a leite sigue o mesmo transformandola fora. E aos Gonzalez, Rajoy, Feijoo, e demais zipaios, facer a vida imposibel, cando veñan a tomar mariscadas. Aqui non queda nin Deus. SI NON QUERES SER CAMAREIRO DAS PUTAS QUE VAS A TRABALLAR NO GRAN CASINO DE MADRID. VOTA INDEPENDENCIA.

7 morasleira

¿Estaban so os do PP nos conxellos das Caixas?¿De que ano e o decreto de bancarización das Caixas?. Hai moitos culpables e son de distinta pelaxe.¿Quen fixo a lei para axilizar os desfiuzamentos nos xulgados?. Son todos parecidos pero compre decir a verdade e non andar con demagoxia barata.

1 Eu mesmo

Dío polo seu nome: PSOE. Con Zapatero, Salgado e MAFO a cabeza. Na Galiza aplaudindo coas orellas Pachi e cía, con Moreda de vicepresidente de Caixa Galicia e tutti cuanti. Hai que dicilo, a responsabilidade primeira é do PSOE, e rematando a faena do PP.

2 Peliqueiro

E que queres dicir con eso? xustifica dalgún xeito que agora o queiran vender as presas despois de meter 9000 millóns de euros? aquí o que hai é unha sumisión a certos intereses e a culpa é dos que sodes votantes do PPSOE e nunca lles reclamades nada, todo o que fan parécevos ben. Pois ide a merda!!!

6 Kalquera

No caso do sistema financeiro, concretamente no caso das caixas, o culpable non foi o Capitalismo, senon o Intervencionismo. Ter aos políticos xestionando as caixas é como ter á raposa gardando o galiñeiro. Polo que respecta a NCG, espero que entre capital foráneo, e que a xestione dende aquí, xente tan profesional como creo que é J.M.Castellano

1 Peliqueiro

Pero ti que fumas??? así que a culpa é o exceso de intervecionismo, a ver... se o que se fai é unha desregulación para que as caixas poidan ser bancos e que den crédito barato, iso é intervecionismo??? se son tan profesionais quero ver a súa responsabilidade social corporativa pedindo un regulamento que impida a especulación e limite a emisión de diñeiro fiduciario. Pero aquí do que se trata e de seguir no poder a costa da maioría dos galegos, algo ó que esta acostumado Castellano despois de destruir o sector textil galego grazas a competencia desleal de Inditex.

5 A. Quintela

O PP é o gran culpable, había un complot anterior para poner as Caixas en mans privadas logo de ser saneadas con diñeiro público, excluindo as catalans e vascas e Bankia (precisamente a mais ruinosa e con mais activos tóxicos) onde teñen enchufados a toda a camada pepeira. Todalas fusións das caixas fosen frias ou non, foron un fiasco, porque ao puco de producirse as fusións o PP fixo un decreto lei que as condeaba. Alemaña ten as suas caixas similares e con tantos activos tóxicos coma estas, mais non deixou que as auditaran nin tocaran.

1 Funeu

Tes toda a razón. Engado que deste xeito queren centralizar os capitáis. Non será doado a unha empresa galega ter financiación sen antes pasar pola que lle conveña ao estado español. Antes financiarán calquera iniciativa en Madrid ou mesmo en Asturies ou Castela que a nós...por iso do risco que representa calquera iniciativa de soberanía en Galiza. Engado ademáis que isto non está perdido, nin moito menos; porque os que teñan contas en NovaGalicia terán certo control que poderán exercer a vontade no momento oportuno.

2 bonburen

O decreto de bancarización das caixas é de xaneiro do 2011... ummm creo que gobernaba o PSOE con Elena Salgado (a de Ourense) de ministra

3 Salga_do_trinque

Elena Salgado a de Ourense non foi a que dixo que faría todo o posible pola súa xente de Cantabria?...E que non sei si rir de todo este tinglado que tedes montado os PPSoeiros, ou agardar que chegue un día de vacacións o MAFiosO por aquí para decirlle o moito que o estimamos.