Novagalicia será subastada en outubro tras recibir 9.000 millóns públicos

O ministro de Economía presenta como un logro que quen a compre non recibirá máis cartos dos contribuíntes. Os estafados coas preferentes seguen a mobilizarse mentres medran as especulacións sobre os posibles compradores.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/08/2013 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

Luís de Guindos declarou hoxe á Axencia Efe que Novagalicia Banco terá novo dono en menos de dous meses, en outubro. O ministro de Economía admitiu que varias entidades españolas e foráneas mostraron interese en facerse co banco galego, o último reducto importante dun sistema financeiro do país.

Entidade de Novagalicia Banco
Entidade de Novagalicia Banco

Novagalicia está hoxe en mans do Estado tras recibir máis de 9.000 millóns de diñeiro público, en gran medida dende Bruxelas. O Goberno de España pretende vendela mentres promete  que a entidade que dirixe José María Castellano está xa saneada. O ex-responsábel de Lehman Brothers en España insistiu na entrevista con efe que Novagalicia xa limpou a súa carteira de activos tóxicos.

Castellano quere capital dos EE.UU.

O plan de Castellano pasa por atopar investidores foráneos que merquen a maioría do capital, pero que deixen ao actual equipo á fronte da xestión. O ex-número 2 de Inditex insiste en que hai un grupo de investidores dos EE.UU dispostos a aportar capital.

Con todo, á mesa de Luís de Guindos tamén chegarán ofertas dos grandes bancos españois durante o mes de setembro. Nos últimos días, La Caixa, Banco Santander e BBVA foron sinalados como algúns dos posíbeis compradores pola prensa especializada. Por exemplo, o diario electrónico Hispanidad destaca que o interese de La Caixa pode estar lastrado pola aposta soberanista de Cataluña.

Nuñez Feijóo e Castellano
Nuñez Feijóo e Castellano

U-la galeguidade prometida por Feijóo?

En calquera caso, a promesa do presidente da Xunta de conservar a "galeguidade" da entidade está condenada irremediablemente ao fracaso. Alberto Nuñez Feijóo quedaría en mellor posición, iso si, se o equipo de Castellano segue a frente do día a día de Novagalicia, malia que o poder de decisión estea fóra do Estado. Para a imaxe pública da Xunta tamén é moi relevante que, sexa quen sexa quen apañe Novagalicia Banco, a marca comercial sega sendo a mesma.

Na entrevista de Guindos non deu pistas sobre quen parte en mellor posición. Iso si, o mandatario conservador destacou que os poderes públicos non terán que ofrecer ningunha axuda extra ao comprador, que se fará cunha entidade na que se acaban de inxectar 9.000 millóns de euros públicos. A poxa é unha das imposicións establecidas pola UE a cambio do rescate bancario, como o foron os despedimentos e as quitas das preferentes.

Os preferentistas retiran os poucos aforros que lles devolveron

Precisamente os afectados de subordinadas e preferentes seguen a mobilizarse. O venres estafados das comarcas de  Santiago, Lugo, Pontevedra e Baixo Miño acudiron ás oficinas a retirar parte dos seus aforros, que xa son diñeiro líquido pero minguados pola quita. 

Os cidadáns prevén retirar o seu diñeiro de xeito paulatino cada dúas semanas. Tentan así meter presión para que se reabra a arbitraxe, a vía pola que unha pequena parte dos afectados recuperou o seu diñeiro.

Os preferentistas luciron as súas camisetas amarelas contra Novagalicia Banco
Os preferentistas luciron as súas camisetas amarelas contra Novagalicia Banco | Fonte: Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 eusi

Assi som os negócios da PPaifocada: toda a democracia controlando os conselhos de administraçom de estas entidades e agora (e já antes tamém) se dedicam a vender o património construido com muito esforço económico e patrimonial. Iberia, petroleiras, aseguradoras, etc, etc, todas vendidas para melhorar umha economia que cada vez nos leva a maoires cotas de pobreza. PP ao PParo (e o PPsoe tamém)

3 wmfn

Polo carallo subastan Bankia. Loitemos pola independencia e poderemos ter bancos, caixas e vida digna en Galicia.

2 Ramón Otero

Las cajas fueron llevadas a la ruina con el conocimiento, el consentimiento y la complicidad de los partidos y los sindicatos, cuyos miembros estaban sentados en los consejos de administración de esas entidades. Hay que ser muy hipócrita y muy cínico para culpar a "los banqueros" o al PP, de una realidad en la que todos, PP, PSOE, BNG, CIGA, CCOO, UGT, etc estuvieron implicados.

1 Da Mongolia profunda

Ou seña que según o teu encefalograma olano, eu apeas mileurista fixen un pacto tal Fausto co diaño e comprometin 50 anos da miña vida para pagar un piso 5 veces sobrevalorado e pensando en que facia un bó negocio porque sempre subían de prezo me metin en mais compras de inmobles sobrevalorados, non teño ren de culpa. O que os bancos estén mais inzados de activos tóxicos que a propia banca e que todolos países dende USA a Alemaña foran ao resgate das suas entidades bancarias en crise, seguindo os dictados das oligarquías e banqueiros que son os que verdadeiramente mandan nesta plutocracia...tampouco?. Coida a mononeurona que empeza a botar fume.

2 anti trolls

Non son o Bloque nin UGT quén marca as políticas crediticias, son os demandantes de ditos crétos, ti, eu, Maroto e o da moto. A banca centro europea inzou de cartos a banca autóctona que fixeron posible a burbulla, para resarcirse das perdas nas subprime ianquis. O resgate é para dar seguridade de recuperación dos investimentos da banca centro europea, que ameazaba cun efecto tsunami ou contaxio que levaría toda a economía da eurozoa por diante. Pese as voces dende hai anos que alertaban contra a burbulla crediticia dende os partidos PPSOE, lonxe de evitala a reforzou liberando mais chan edificable. O PP na sua teima privatizadora aproveitou para poner as caixas en mans privadas. Ramón Otero, non sei se vas de troll, pero os conceptos do capitalismo bancario sonche mais lonxanos que a galaxia descoñecida.

3 Fun_EU

Pola banca centro europea enténdase Alemaña, nonsi? Eu penso que aquí o grande culpable e Inglaterra, que vive das rentas e dos movimentos especulativos dende que amosaron que non son quen de competir con ninguén en industria e manufactura. Non é inocentemente que puxeron noticias FALSAS, tanto de Galicia como de España, desalentando a inversión, que xa era das menores do estado en Galicia antes de empezar a crise. Ao respecto de R.O. só decir que o PPSoe non é ninguén para acusar de cinismo a outros. Son eles os culpábeis, non metan aos demáis (refírome ao BNG e ANOVA) no que eles fixeron. E se pensan que estar na xunta diretiva é decidir a política da caixa de turno, xa non son cínicos senon delincuentes e compre que vaian á cadea.

1 ex-españolista

Será o maior expolio da Historia europea recente, levaran por dous duros todo o sistema financieiro galego e as empresas que controla (R telecomunicacións...). Mentres Bankia e a grande banca española recibindo billóns de axudas públicas e non sos subhastados. A independencia é IMPRESCINDIBLE.