Dous novos falecidos por COVID en Galicia elevan a 2.264 o total de vítimas da pandemia

Ambas as dúas persoas presentaban patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2021 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron de dous novos falecidos por covid-19 rexistrados nas últimas horas e que elevan o total de vítimas da pandemia en Galicia a 2.264.

A primeira é unha muller duns 68 anos que faleceu o xoves e que se atopaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O segundo é un home, duns 90 anos, que estaba ingresado no Povisa. Ambos presentaban patoloxías previas.

Unha profesional sanitaria sostén unha dose da vacina contra a COVID-19 de AstraZeneca
Unha profesional sanitaria sostén unha dose da vacina contra a COVID-19 de AstraZeneca | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta