A Xunta pretende revitalizar o pequeno comercio con 330.000 vales de 30 euros para descontos

Eses bonos gratis "supoñen a capacidade de obter un desconto do 20%", anunciou Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/03/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia porá en marcha un total de 330.000 vales dotados con 30 euros que permitirán obter un 20% de desconto en compras realizadas no comercio de proximidade. Así o anunciou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, na que detallou que esta iniciativa se enmarca nas medidas de rescate ao sector tras a pandemia.

O presidente Alberto Núñez Feijóo, no Consello de Xunta
O presidente Alberto Núñez Feijóo, no Consello de Xunta | Fonte: Ana Varela - Xunta de Galicia.

"Entregaremos 330.000 bonos gratis de 30 euros, que supoñen a capacidade de obter un desconto do 20%", sinalou o presidente, que explica que con esta iniciativa a Xunta aspira a mobilizar 55 millóns de euros en compras.

O máximo mandatario detallou que a Administración galega prevé activar a finais da próxima semana estes vales, que se porán en marcha a través dunha aplicación móbil e que contarán cun orzamento de 10 millóns de euros "ampliables en función da demanda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta