O incerto futuro de Bieito Rubido

Unha parte do Consello de Administración do grupo Vocento podería substituílo á fronte da dirección do xornal. Santiago Rey tamén negocia dende hai tempo con Vocento o futuro do Grupo Voz

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/09/2013 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Jaime González e Melchor Miralles. Estes son os nomes que sonan en Madrid para substituir como director deste xornal a Bieito Rubido, cuxa saída xa estaría enriba da mesa do Consello de Administración de Vocento.

Bieito Rubido nunha imaxe de Periodista Digital
Bieito Rubido nunha imaxe de Periodista Digital

Precisamente, a súa saída estaría relacionada coas malas cifras de venta do principal medio de Vocento. Bieito Rubido é director de 'ABC' desde setembro de 2010 e, desde entón, este xornal sufriu unha paulatina caída das súas vendas, dos seus ingresos e da súa publicidade.  Segundo apunta PRnoticias, dentro do balance editorial do grupo atópase unha perda da influencia dentro de sectores do Partido Popular e do tren das exclusivas e das informacións relevantes.

Por iso, un grupo de peso do Consello de Administración deste grupo consideran que debe ser substituído para mellorar a situación do xornal. E para o seu posto xa sonan dous nomes; o de Jaime González, actual responsable de Opinión e tertuliano habitual en Radio e Televisión e o de Melchor Miralles, actualmente columnista de ABC e responsable de Informativos en Intereconomía.

Jaime González gusta na vella garda do diario e considérase que podería dar maior peso ideolóxico ao diario, segundo PRnoticias, que suliña que o ABC  “está extraviado entre as portadas de 'La Razón' -que cada vez gaña máis enteiros entre o público conservador- e as exclusivas de 'El Mundo', que todos os días lémbranlle a importancia do xornalismo máis combativo”. E é que durante as exclusivas de 'El Mundo' sobre o 'Caso Bárcenas', o público próximo á dereita máis conservadora deixou de ler o diario de Pedrojota Ramírez, pero non migrou ao 'ABC', senón que pola contra marchou a 'La Razón'.

 E o futuro de Rubido e Ventoso?

Sen embargo, Rubido conta co total apoio dun importante sector do PP vinculado con Mariano Rajoy. Precisamente, entre certos ámbitos profesionais de Madrid comentase que o director do ABC é o “asesor na sombra” de Rajoy. Por iso, o entorno do presidente do Goberno español presiona para que manteña o seu posto ou tentar buscarlle un sitio digno noutro medio.

Coa saída de Rubido tamén podería caer a súa man dereita en ABC, Luis Ventoso, que exerce de director adxunto. E o futuro dos dous poderían estar, novamente, no medio que os víu crecer como directivos, La Voz de Galicia. Iso sempre e cando prosperen as negociacións entre o Grupo Vocento e o Grupo Voz, para que o segundo sexa adquirido polo  primeiro. Sen embargo, semella que isto non acontecerá a curto prazo e, ademáis, tanto Ventoso coma Rubido contan coa total oposición de Santiago Rey a súa reincorporación a La Voz.

Visitas de Vocento

Precisamente, a comezos de xullo o presidente de Vocento, Enrique de Ybarra, visitaba a sede do xornal La Voz de Galicia, en Sabón, acompañado polo presidente e editor do grupo, Santiago Rey Fernández-Latorre. Logo desa visita, ambos os dous falaron de “asuntos profesionais”. Esta xuntanza chega logo de que a finais de 2012, Rey mantivera outro encontro co conselleiro delegado do grupo Vocento, Luis Enríquez, na Coruña.

Hai meses que planea unha probable compra do Grupo Voz por parte do Grupo Vocento, especialmente, tras o agravamento da situación económica do xornal coruñés. Sen embargo, Santiago Rey é moi reticente a vender o seu imperio mediático, un cometido que podería recaer nos seus herdeiros.

De feito, o presidente do Grupo Voz só vendería as súas participación no Grupo cando decida xubilarse. E neste caso seguiría como presidente honorario do xornal.

O papel de Emilio Rey

Sen embargo, nestas negociacións con Vocento tamén podería entrar unha terceira peza. Tratariase do seu fillo, Emilio Rey Berguer, que foi xa apartado do control do grupo polo seu pai hai anos. Segundo  as fontes consultadas, Emilio Rey podería tamén ter mantido conversas con Vocento sobre o futuro do xornal. E é que a pesar das malas relacións con Santiago Rey, a Emilio Rey corresponderíalle o 25% dos bens do seu pai (accións do grupo incluídas) como herdanza en caso da morte do proxenitor. Unhas accións que, en caso de non ser vendidas previamente, podería venderlle ao grupo Vocento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 tris

que vaia para sermos galiza. ten a mesma pinta de mantido que os da upbng. a comer todos os días, en familia millor ainda.

7 Lois

Benito Rubito?

6 Roi Xordo

1º) Chamarse "Bieito" e traballar pró ABC xa o di todo. 2º) ¿Venda de LVG ó Grupo Vocento (ABC, El Correos Español, etc.)?: triste colofón, mais se cadra bo para o nacionalismo galego. A forza de LVG é a súa aparente neutralidade. Quitada a careta, mengua a súa efectividade.

5 Cazapantasmas

O incerto futuro? os mercenarios sempre atopan guerras nas que loitar no bando do millor postor. Unha cousa é periodismo e outra ben distinta, manipulación e adoutrinamento.

1 Lolo

Non sei onde acabará este home, pero o seu comentario de hoxe na Radio Galega sobre a Diada é ( a ver se alguén pode recuperalo ) claramente golpista e mesmo penso que digno de pasar aos tribunais. Desde logo eu a Bendito Rubido véxo-o máis en Intereconomía; se é que non aparece algo máis á direita, claro.....

4 emon

Será será. Vocento entrará para controlar La Voz e daquela, os defensores das causas perdidas por incompetencia dos defensores, queixaranse de que Galiza quedase sen o principal medio de comunicación, e, unha vez máis, contemplaremos pasivos cono nos recordan a desfeita, a aldraxe, e o que toque, mentres seguiran sumidos na súa incompetencia. A verdade, a min, o da Coz, deslizaseme