Denuncian que as industrias lácteas se negan a cubrir alzas de custos de produción de ata un 20%

Unións Agrarias reclama ás administracións que "tomen cartas" ante a "imposición" de contratos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/03/2021 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

Unións Agrarias (UU.AA.) alerta do "problema grave" que sofren o produtores lácteos polo incremento de custos de produción, que se sitúa entre o 15% e o 20% nos últimos meses. Con todo, critica que as industrias non cobren estas alzas coa "imposición" de contratos.

Vacas pastando
Vacas pastando | Fonte: Xunta.

O secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de UU.AA., Félix Porto, censura que os gandeiros "non teñen posibilidade de repercutir o aumento de custos sobre prezos do leite", dado que as industrias establecen "cláusulas abusivas" nos contratos.

Así, explica que en 2020 se produciu un incremento de produción un 3,9%, pero "non quere dicir que se gañe máis". E é que Galicia segue á cola en prezos de España e UE. Os gandeiros galegos reciben uns 33 céntimos de media por litro de leite, tres céntimos menos que os seus veciños de Asturias, quéixase.

Alerta de que as industrias realizan unha negociación "ficticia", pois se limitan a fixar contratos "de adhesión".

O incremento nos custos de produción débese á suba da materia para a elaboración de penso, a alza subida de luz e gasóleo, así como os custos salariais nas explotacións. A isto une a baixada previstas en axudas na Política Agrícola Común (PAC).

O responsable do sector lácteo de UU.AA., Óscar Pose, esixe ás administracións que "tomen cartas no asunto". Deste xeito, reclama ao Ministerio de Agricultura que obrigue a cumprir a lei de cadea alimentaria, á vez que insta á Xunta a "pór a traballar" o plan lácteo, máis aló de anuncios.

O sindicato agrario ve necesario que o Ministerio actúe "de oficio" ante os incumprimentos que realizan as industrias respecto da cadea alimentaria e os custos de produción.

E é que Pose chama a atención en que cada ano Galicia perde medio milleiro de explotacións. Remarca que en xaneiro de 2016 eran 9.078 granxas, mentres actualmente son pouco máis de 6.700.

Tamén se queixa Unións Agrarias do acordo do pasado xoves no Parlamento galego, o cal insta á Xunta a axudar a industrias lácteas a impulsar os produtos de valor engadido, xa que cre que suporá seguir primando ás industrias mentres non cumpren coa cobertura de custos de produción dos gandeiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta