O sindicato CNT destaca o seguimento "case total" da folga do Consorcio Galego

A central sindical afirma que non se puideron dar servizo nalgúns centros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

O sindicato CNT valorou "moi positivamente" o seguimento da primeira xornada de folga indefinida dos traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que terá lugar todos os martes de forma alterna e que arrincou este 30 de marzo. A Xunta cifrou o seguimento no 20 por cento.

"A pesar do abusivo dos servizos mínimos impostos pola Xunta de Galicia que abarcan a metade do persoal", criticou o sindicato, "o parón foi case total nos servizos centrais e na rede de residencias e centros de día". Houbo centros, puntualizou a CNT, nos que "non se puido dar o servizo". Respecto ao seguimento na rede de escolas infantís, o sindicato recoñeceu que os datos de participación son máis "desiguais".

Esta folga enmárcase na convocatoria que chama "a todo o persoal do Consorcio" a realizar paros de 24 horas todos os martes alternos de forma indefinida ata que se paralice a OPE que, segundo o persoal temporal "en fraude", lexitima o seu despedimento, polo que reclaman "estabilidade" no seu posto de traballo.

A este respecto, fontes da Consellería de Política Social, consultado por Europa Press, advertiu da escasa marxe para negociar, posto que non é posible converter "un posto de traballo temporal en fixo sen pasar por unha oposición". Ademais, a consellería lembrou que o 40% da puntuación para a oposición son os méritos.

Segundo informou a CNT, as protestas continuarán o vindeiro domingo 11 de abril en Santiago con motivo da convocatoria organizada a nivel estatal e continuará o martes 13 cando a entidade trasladará a mobilización ao Parlamento de Galicia.

Folga do Consorcio de Servizos de Igualdade e de Benestar de Política  Social. CNT
Folga do Consorcio de Servizos de Igualdade e de Benestar de Política Social. CNT | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta