Deputados medievais

En condicións normais unha ILP que pretende protexer “per se” unha actividade violenta non prosperaría en ningunha cámara democrática. Máis na España medieval todo é posible.

Por Rubén Pérez | A Coruña | 10/10/2013

Comparte esta noticia

O feito de que o Congreso e o Senado permanezan atarefados co debate e aprobación dunha Proposición de Lei para declarar as touradas “Ben de Interese Cultural” ou máis aló, “Patrimonio Inmaterial” reflexa os escasos avanzos en materia de participación da Sociedade Civil e o medievalismo dalgúns deputados na defensa deste anacronismo.

Bochornoso é defender as touradas no Século XXI e amparar a grupúsculos taurinos para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular que no seu fondo pretende insertar a tauromaquia no currículo escolar, reforzar o uso dos nosos impostos para fornecer a organización de espectáculos e ata subsidiar os ordenadores dunha coñecida fundación dun toureiro. Isto é de traca.

A defensa que o Partido Popular fixo a través de Juan Manuel Albendea foi canto menos unha apoloxía da ignorancia. Este deputado tivo importantes declaracións da estupidez supina por defender unha actividade baseada no maltrato animal. Non contento con dicir que abolir a tauromaquia “ataca a lingua e a cultura” tamén afirmou que o touro equilibraba o pracer e a dor e que prácticamente non sufría grazas a este “equilibrio”.

Son estes os defensores das touradas no eido parlamentar, non hai máis e tampouco maior coñecemento. Qué persoa sería capaz de defender a fin das devesas se soubera, tal e como afirma o estudo “Toros y Dehesas” que só o 7,5% deste territorio queda ocupado polo gando tauromáquico. Acaso é o PP o defensor do Medio Ambiente fomentando a destrucción das costas ao redor do estado español, reprimindo á cidadanía que escolle enerxía renovable ou cuestionando o propio quecemento global? Un partido que só recorre ao entorno e a biodiversidade como unha extensión da súa bandeira, como sucedeu en Xibraltar. En todo caso e se tanto interese tiveran en protexer un territorio determinado existen fórmulas xa inventadas no ordenamento xurídico, pero queda en grave entredito que a única resposta sexa torturar a un animal como elemento conservacionista…

En condicións normais unha ILP que pretende protexer “per se” unha actividade violenta non prosperaría en ningunha cámara democrática. Máis na España medieval todo é posible. Tampouco importa que o marco competencial impida tales reivindicacións, pois non podemos esquecer que a idea fundamental desta proposta era vetar a acción dos parlamentos autonómicos fronte as touradas e mesmo revertir as declaración abolicionistas de Cataluña e as Illas Canarias. Atancando competencias os deputados medievais pretenden impoñer a visión única unha vez máis.

Así, e sumando o apoio da caverna mediática, que chegou a repartir pregos de sinaturas nas súas edicións dominicais, chegamos a un debate no que a cidadanía xa falou. Pero non se lle escoitou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Rubén Pérez Rubén Pérez (A Coruña. 1986) é activista a prol dos dereitos dos animais. Diplomado en Traballo Social e con posgraos en Violencia de Xénero e Acción Humanitaria, colabora en LIBERA! dende 2007, organización na que desenvolve tarefas de coordinación e comunicación política. Dende 2008 tamén é voceiro adxunto da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, alianza que traballa investigando, entre outros eidos, o uso de diñeiro público en festexos taurinos.