Alertan da "grave deriva" da CRTVG e piden a intervención do Parlamento

O Comité Intercentros da corporación pide substituír o Director xeral, ao que acusan de "amparar decisións erráticas" que "comprometen o futuro" dos medios públicos galegos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Novo episodio de denuncia da man do Comité Intercentros da CRTVG. Se hai uns meses solicitaba o cesamento da Directora da Área de Soporte Tecnolóxico e Medios da Corporación, Sara González Otero, ao considerala responsable da “constante deterioración das emisións” da corporación, hoxe a demanda vai orientado a que o Parlamento "interveña" ante a "grave deriva" que denuncian están a tomar os medios públicos galegos.

CRTVG
CRTVG | Fonte: arquivo

As razóns da actual demanda veñen da man das esixencias a respecto de González Otero, feitas públicas a alturas do pasado mes de xaneiro. Segundo apuntan dende o Comité, o departamento comandado pola nomeada directa está "a adoptar decisións que inflúen na calidade da prestación que ofrece o medio e que fan dificilmente xustificable o recente investimento en renovación tecnolóxica acometido pola CRTVG”.

Xa entón o Intercentros consideraba “inaceptable a calidade das retransmisións, especialmente as deportivas, que se están a efectuar a través dun modelo tecnolóxico inadecuado por vontade técnica”, o que lle implicaba “serios problemas no traballo a todo o persoal implicado” e “protestas da audiencia e doutros medios de comunicación interesados no sinal da TVG”, co consecuente “desprestixio corporativo”.

PIDEN CAMBIOS NA DIRECCIÓN

O problema persiste hoxe porque o Director Xeral da Corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, fixo públicos no día de onte unha serie de cambios na estrutura organizativa de alta dirección onde non se contempla a petición que realizou e razonou o Comité Intercentros en xaneiro. Ao órgano de representación preocúpalle a "falta de profesionalización e especialización do departamento de Enxeñería da CRTVG neste momento chave do proceso dixitalizador, ás portas da chegada do 5G e en pleno debate sobre os novos modelos de produción".

Neste aspecto, dende o Intercentros sinalan tamén que lamentan que "non se tome en consideración a voz experta das traballadoras e traballadores da radiotelevisión pública, cuxas opinións e achegas profesionais son unha e outra vez ninguneadas e silenciadas". A denuncia do comité súmase así a unha longa listaxe de comunicados entre os que se contan os contrarios ao "uso perverso" do PPdG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Toto

Agora denuncia o comité, SA deberiades haber empezado a denuncir cando xa pasou algo de tiempo,e monitos recordamos,como ñe montaron a encerrona ao coordinador técnico da RG.Neses momentos comenzaron o cambio .Perdimos a un profesional que modificou, soupo darle carácter ao sonido da galega,para na actualidad de forma clara e Unha vergoña. Ahora vides protestar ......Foy cando metieron a esta rapaza sobrina do gestor contás da crtvg,a levar a dirección técnica na tvg....Resultados da falta profesional a larga paga se,una decían a gran huella polo que fixeron e otros a desfacer o que erizaron ben feito.Vsya panda de sindicalistos Temos na Nosa Crtvg,xa no confiamos neled ca FAI moito tempo.......pena dades..............