Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/05/2021 | Actualizada ás 17:57
A vicepresidenta segunda e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, animou aos axentes sociais galegos a aproveitar "a oportunidade" do Plan de Recuperación para modernizar o tecido produtivo, crear emprego e impulsar un crecemento económico "máis ecolóxico, dixital, cohesionado no social e no territorial e inclusivo".
Acompañada polo delegado do Goberno, José Miñones, e durante un encontro con representantes do empresariado e os sindicatos de Galicia, Nadia Calviño abordou as prioridades da política económica do Goberno vinculadas ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A vicepresidenta segunda expresou a súa confianza en que o Plan marque a senda dunha recuperación sólida que modernice o tecido produtivo e que permita crecer de forma sostida a medio e longo prazo.
Calviño subliñou que, neste momento, o catro prioridades do Executivo en materia económica pasan por avanzar coa vacinación, seguir protexendo á economía e ao emprego, manter a estabilidade financeira e despregar as reformas e investimentos que recolle o Plan de Recuperación enviado á Comisión Europea o pasado 30 de abril.
A vicepresidenta segunda destacou especialmente a importancia que terá a transformación verde e a transformación dixital na folla de ruta marcada polo Plan de Recuperación, xa que ambos os eixos suman case o 70% dos investimentos previstos. Tamén agradeceu o compromiso do tecido empresarial para aproveitar a oportunidade do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.