As vendas de La Voz baixan un 19% en dous anos

Faro de Vigo perde un 15% de difusión nos últimos dous anos, segundo a vaga de OJD en setembro.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 30/10/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A crise dos diarios en papel segue prolongándose e as dúas principais cabeceiras galegas non escapan desta tendencia. Segundo os últimos datos da OJD, La Voz de Galicia e Faro de Vigo perden un 9,4% e un 10,1% en vendas nos últimos doce meses, respectivamente.

Cabeceiras de prensa galega
Cabeceiras de prensa galega | Fonte: kiosko.net

Segundo a citada enquisa patronal sobre as vendas en quiosco, La Voz vendeu en setembro de 2013 38.626 exemplares fronte os 42.315 de setembro de 2012. A caída dende 2011, cando vendía 48.000 exemplares, é pois dun 19,5% das vendas en quiosco.

No referido á difusión (que tamén inclúe subscritores, vendas ao por maior e exemplares regalados), La Voz difunde actualmente 76.142 exemplares. Isto supón unha caída do 4,2% no último ano e dun 17% dende maio de 2011.

O seu principal competidor, Faro de Vigo, cae por vez primeira en moitos anos por debaixo dos 25.000 exemplares vendidos en quiosco. En setembro de 2013 eran 24.119, un 10,1% menos que hai un ano.

En canto a difusión, o diario de Prensa Ibérica difunde 31.303 exemplares. A cabeceira do Grupo Moll difunde polo tanto un 9,9% menos que hai un ano e un 15,4% menos que na primavera de 2011, cando difundía 37.000 exemplares.

Galardón da Deputación da Coruña a Santiago Rey, editor de La Voz
Galardón da Deputación da Coruña a Santiago Rey, editor de La Voz | Fonte: dicoruna.es

A media no Estado na prensa diaria en papel neste último ano é dunha caída de entorno ao 17% nas vendas. Xa que logo, os dous principais xornais en papel do país están polo tanto sufrindo un importante retroceso, pero menor que a media estatal.

No sector confíase que a leve recuperación da publicidade nos últimos meses do ano consolide unha tendencia que permita no futuro recuperar tamén as vendas perdidas nestes anos de recesión.

GC non puido acceder aos datos do OJD de setembro do resto de cabeceiras galegas que se somenten a auditoría do OJD: El Progreso, Atlántico Diario, La Región e La Opinión de A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

11 rasputin

la foto lo dice todo, la coz promociona a políticos - flauta como moreda

10 Enxuto

Sermos Galiza está a piques de desbancar a La Coz en difusiòn

1 D. Quixote de Terra Chá

Unha cousa é que todos esteamos cansos de La Voz de Galicia pola súa falta de obxectividade e polo seu apego ao Poder, outra é afirmar que SERMOS Galicia xa se lle está arrimando en difusión. Poderia ser se os galegos foramos máis responsables coa lingua e co Pais e se SERMOS Galicia dekixara de ser un altofalante da UPG.

2 Aturuxador

Ogallá fose certo que o superara outro xornal. Aínda así, a nova é esperanzadora, xa que a prensa marelista, estilo Coz, comeza a perder terreo. É lóxico en boa medida, xa que a xente nova non admite o adoutrinamento que fai este periódico. Serva como exemplo que lle levan adicado máis de 100 páxinas ao tráxico suceso de Compostela (caso Asunta) e apenas reflicten aspectos coma a crecente conflictividade laboral ou outros que nos impactan directamente.

9 rey borracho

Eu somentes leo na Coz os anuncios, para despois boicotear esas empresas

8 Pregunta

La Voz informa do culebrón danés de Beiras o k AGE. Onde se sabe algo

7 Akribéstaton

Em todo caso, a perda de influência que supõe a diminuição da "audiência de papel" compensa-se com o acréscimo da audiência digital, onde mantém a sua hegemonia.

1 Black Crow

En galego, por favor

2 Freixo

Já saiu a fobia à nossa ortografia do paifoco de costume

3 suevia

Eu non practico esa ortografía,porque non fun ensinado nela, mais seguro que é moito mais galega que o que escribimos nós...debemos pensar que a nosa lingua foi deturpada,asoballada, influenciada...durante séculos polo idioma do imperio e que o que falamos hoxe en dia é unha mala copia do noso idioma orixinal...debemos devolverlle a dignidade ao noso idioma, e non penso que utilizar o portugués sexa o mellor, mais si aproximarnos en moitos aspectos a ese tronco do que naceu a nosa lingua...