As vendas de La Voz baixan un 19% en dous anos

Faro de Vigo perde un 15% de difusión nos últimos dous anos, segundo a vaga de OJD en setembro.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 30/10/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A crise dos diarios en papel segue prolongándose e as dúas principais cabeceiras galegas non escapan desta tendencia. Segundo os últimos datos da OJD, La Voz de Galicia e Faro de Vigo perden un 9,4% e un 10,1% en vendas nos últimos doce meses, respectivamente.

Cabeceiras de prensa galega
Cabeceiras de prensa galega | Fonte: kiosko.net

Segundo a citada enquisa patronal sobre as vendas en quiosco, La Voz vendeu en setembro de 2013 38.626 exemplares fronte os 42.315 de setembro de 2012. A caída dende 2011, cando vendía 48.000 exemplares, é pois dun 19,5% das vendas en quiosco.

No referido á difusión (que tamén inclúe subscritores, vendas ao por maior e exemplares regalados), La Voz difunde actualmente 76.142 exemplares. Isto supón unha caída do 4,2% no último ano e dun 17% dende maio de 2011.

O seu principal competidor, Faro de Vigo, cae por vez primeira en moitos anos por debaixo dos 25.000 exemplares vendidos en quiosco. En setembro de 2013 eran 24.119, un 10,1% menos que hai un ano.

En canto a difusión, o diario de Prensa Ibérica difunde 31.303 exemplares. A cabeceira do Grupo Moll difunde polo tanto un 9,9% menos que hai un ano e un 15,4% menos que na primavera de 2011, cando difundía 37.000 exemplares.

Galardón da Deputación da Coruña a Santiago Rey, editor de La Voz
Galardón da Deputación da Coruña a Santiago Rey, editor de La Voz | Fonte: dicoruna.es

A media no Estado na prensa diaria en papel neste último ano é dunha caída de entorno ao 17% nas vendas. Xa que logo, os dous principais xornais en papel do país están polo tanto sufrindo un importante retroceso, pero menor que a media estatal.

No sector confíase que a leve recuperación da publicidade nos últimos meses do ano consolide unha tendencia que permita no futuro recuperar tamén as vendas perdidas nestes anos de recesión.

GC non puido acceder aos datos do OJD de setembro do resto de cabeceiras galegas que se somenten a auditoría do OJD: El Progreso, Atlántico Diario, La Región e La Opinión de A Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

6 boicoz

basta de tirar os nosos cartos subvencionando a lingua espanhola na GZ. Fora coa coz

5 Xornalistanadautópico

Preocúpame un dato. No caso de que sexa certo. É verdade que os xornalistas que marchan de La Voz de Galicia mediante un acordo coa empresa (antes de ser despedidos á brava) se lles obriga a firmar, se queren cobrar a totalidade dos euros pactados, un compromiso polo que (se lles obriga contractualmente) a non escribir nunca máis en nengún medio de comunicación? Sería gravísimo, ao meu entender.

1 lois

Totalmente ilegal. Calquer tribunal tumbaría eso. E papel mollado, de existir se´ría un "compromiso" imposible de exisir o seu cumplimento. Sona a trola.

4 Gundar

Non me sorprende. Despois de ler o artículo de Xosé Carlos Caneiro esta fin de semana dicindo que o amigo do narco é o mellor presidente de Galicia da historia, un xa non sabe quen é máis amoral, se algúns políticos ou algúns periodistas. Os lectores fuximos de quen nos quere tomar por imbéciles.

1 Galahaz

Non te enganes... Somos animais de costumes, e os galegos aínda máis. E os galegos len e seguirán a ler a Voz, o Correo, o Faro, a Región, o Progreso, etc. mentres estes existan. E se estes existen é porque son fortemente subvencionados pola Xunta. E se son fortemente subvencionados pola Xunta non van falar mal dela. E para o galego medio o que le na prensa "de toda a vida" ou o que ve na TVG vai a misa. É un círculo vicioso co que resulta moi difícil rematar.

2 Gundar

De todas maneiras eu conservo a esperanza de que máis cedo que tarde habemos espertar do noso sono.

3 valderas

Penso que non era Caneiro. Foi o neto do capitán Olavide, que agora vai de socialista centrado, antifranquista que pedía a dimisión do alcalde de Baralla, sen ter condeado a memoria do seu abó, que como xuiz militar permanente da Coruña levou a un bo puñado ante o pelotón de fusilamento.

4 Raul

Que eu sepa, Xose Carlos Caneiro non é periodista e dubdio moito que sexa un escritor. Como moito é un escriba.

5 canciño

Por favor, ó Caneiro este xa o coñecemos en Ourense. Dende logo non é periodista nin nada que se lle pareza, pero nin de coña nun país serio se lle tomaría como escritor. Por suposto que lin algún dos seus escritos,e si eu me pegase ó poder tamén teria varias noveliñas publicadas e cun pouco de esforzó algunha tese. Simplemente é o prezo do poder. Ben imos ó que importa o próximo governo debería ter un plan moi claro no tema medios de comunicación evitando o do biparty en calquer caso.

6 Tece Penélope

Listos si que era aqueles da UPG ourensá que quedaron parvos co Caneiro e o meteron nas listas do BNG. É que os da U cando fan descubrimentos... César Cunqueiro, Mella, Ramón Chao... E La Voz de Galicia, non ten a culpa.

7 Periodismo?

Alguén aquí falou de subvencións. Por qué teñen que ter subvencións estes medios en Galiza? Penso que principalmente porque non cumpren a súa función. Se cumprisen coa súa obriga de denunciar o que está pasando nas rúas, no canto de falar tanto de balompé e parvadas do estilo, a xente tería bóa conta de subir a súa tirada.

3 Coiro

Ha chegar o día en que, por moita subvención que lle dean os do Pp á prensa amiga, non haberá quen se queira deixar manipular por uns medios máis vencidos pola falta de obxectividade e polo seu desinterese en facer país que pola modernidade. La Coz, Correo, etc, deixarán de ser medios privados pagados con cartos públicos cando, como está a pasar, ninguén os lea.

1 Galahaz

É que o que non me entra na cabeza é porqué hai que subvencionar medios de comunicación privados, xa non só de maneira directa (axudas vía DOG), senón mesmo indirectamente mediante compra masiva de exemplares para a Administración. O único entendíbel sería unha axuda aos medios editados en galego (ben sexa total ou parcialmente), porque esa actuación si podería ter encaixe na obriga estaturia que ten a Xunta de promocionar a lingua galega, mais xa vimos que estes foron os primeiros en desaparecer aducindo "que non tiñan a suficiente demanda". Tampouco o bipartito rematou con isto e seguiu a subvencionar a prensa que, por outra banda, llo agradeceu xentilmente (todos lembramos as marabillosas portadas da Voz na campaña de 2009).

2 Galahaz

Non pasa nada, isto arránxase ben fácil: hai que mercar un 19% máis de exemplares para colexios, institutos, consellarías e demais institucións públicas... ou non?