Temas: FRASEOLOXíA

“A policía (non) é chosca”, paremia equivalente, entre outras, á castelá “la policía (no) es tonta”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostelas | 06/06/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Se queremos expresar que alguén é máis listo ou espelido do que se pode pensar e que non é doado enganalo ou armarlla con queixo, e se estamos a nos expresar en castelán, é posible que botemos man da paremia la policía no es tonta, ou mesmo tamén, se o que desexamos é optar pola ironía (isto é, se optamos por dicir o contrario do que en realidade queremos dar a entender), da variante la policía es tonta.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Europa Press.

En galego, alén de poder recorrer ás correspondentes equivalencias na nosa lingua, dispomos tamén doutras posibilidades, probablemente máis propias, como deseguido imos ver:

La policía no es tonta

{= Expresión con que se indica que alguén é máis listo ou espelido do que se pode pensar e que non é doado enganalo. [Naqueles casos en que se utilice de xeito irónico (isto é, dicindo o contrario do que en realidade se quere dar a entender), a secuencia prescinde do adverbio de negación non, de tal xeito que queda coa variante La policía es tonta.]}

A policía non é chosca && [E, CON EMPREGO IRÓNICO]: A policía é chosca

A burra non é chosca && [E, CON EMPREGO IRÓNICO]: A burra é chosca

[E MAIS]:

A policía non é cega && [E, CON EMPREGO IRÓNICO]: A policía é cega

Ex.: —¡Vamos, hombre! ¡¿Cómo que vienes a estas horas de trabajar?! ¡Que la policía no es tonta, así que dinos la verdad!

—¡Vamos, home! ¡¿Como que vés a estas horas de traballar?! ¡Que a policía non é chosca que a burra non é chosca que a policía non é cega, así que dinos a verdade!

Ex.: Le hizo firmar un acuse de recibo, que con ese pájaro nunca se sabe. O a ver si tú te crees que la policía es tonta.

Fíxolle asinar unha confirmación de recepción, que con ese peixe nunca se sabe. Ou a ver se pensas ti que a policía é chosca que a burra é chosca que a policía é cega.

● Tamén:

A policía non é parva && [E, CON EMPREGO IRÓNICO]: A policía é parva

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta