Así están as depuradoras en Galicia: 19 contaminan máis do permitido

Un informe de Ecoloxistas en Acción denuncia as numerosas irregularidades que presentan case unha vintena de Estacións Depuradoras de Augas Residuais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Un informe de ecoloxistas en acción revelou que 19 Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) presentan numerosas Non Conformidades. Estas son instalacións polas que pasan as augas residuais xeradas polos usuarios domésticos e industriais e recollidas pilas redes de saneameto dos concellos, para ser tratatadas antes de poder vertelas a ríos ou mares. 

Estación depuradora de aguas residuales (EDAR) de Ourense
Estación depuradora de aguas residuales (EDAR) de Ourense | Fonte: Sociedad Mercantil Estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes).

Das 159 EDAR analizadas en 2020, destcan 9 depuradoras que presentaron inconformidades con respecto á demanda biolóxica de osíxeno aos 5 días (DBO 5) "moitas máis veces do permitido". Entre elas salientan a EDAR de Castro de Rei, que non pasou ningunha das 12 análises anuais, a de Foz, con 7 non conformidades e a de Pontecaldelas con 6. A maior parte das 19 EDAR que presentan irregularidades están infradimensionadas, é dicir atenden a unha poboación maior da que poderían tratar con facilidade. Dende a asociación sinalan que o caso máis problemático é a EDAR de Placeres, que trata as augas de Pontevedra, que só en 2020 tivo 22 incumprimentos de demanda química de osíxeno (DQO).

As depuradoras de Cee-Corcubión, Arcae, Touro, Burela, Foz, Botos, Camboa, Maceda, Muxía, Sarria e Rianxo tamén se encontran dentro da lista de depuradoras que presentan irregularidades en canto á contaminación. 

DEFICIENCIAS

Ecoloxistas en Acción apuntan que a maioría das depuradoras arrastran deficiencias que as administracións competentes non remediarion ao longo dos anos. Un exemplo é a depuradora de Placeres, pois os diferentes incumprimentos que acumula se suman á cantidade de auga que trata. 

Concentración de Fósforo total no efuente
Concentración de Fósforo total no efuente | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Ademais, no informe levado a cabo pola asociación só se contempla unha pequena parte da contaminación por falta de datos estadísticos da administración. Os fármacos e produtos químicos que non se eliminan en ningunha das EDAR ou as constantes vertuduras non se ven reflectidos nas estadísticas, pero supoñen unha improtante fonte de contaminación. 

Ademais, Ecoloxistas en Acción denuncia que en Galicia a maioría de dos colectores de augas de refugallo carecen de separativa de fluviais, o que provoca que as choivas poidan colapsar os sistemas de saneamento, así como a afluencia de turismo tamén provoca grandes verteduras das vilas máis turísticas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta