Actuar en manada

Con moita frecuencia temos novas de agresións de xente moza que, actuando en grupo, mallan ata morte a outras que, por diversos motivos incluíndo o odio ó diferente, viven nesta sociedade. O problema parece que se acentúa, e diante desta realidade xurden varias preguntas pra porlle remedio a este problema.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 08/07/2021

Comparte esta noticia
A primeira pregunta  é: que esta a pasar  pra que nunha parte da   mocidade  se dean istes comportamentos tan  bárbaros? 
 
A segunda é  que pasa nesta sociedade pra que esa pequena  parte da mocidade actual, esa que medrou en moitas mellores condicións de vida ca dos seus pais,  a día de hoxe actue dunha maneira ta brutal?
 
Logo singuen outras como:  que está pasando pra que milleiros de mozos pra divertirse teñan que beber, ou tomar sustancias que poñen en perigo a súa saúde?  
 
Ben sei que toda a xuventude non  é así. Pois unha grande maioría de mozos son xente repomsabel que non entra nesas leas tan perigosas nin experimenta con sustancias que poñen en risco a súa existencia.  Mais as preguntas precisan respostas e medidas pra revertir unha situación que non vai por bo camiño.
 
A  xuventude sempre foi unha idade na que  se practica a tolerancia e o respeto ó diferente. Sempre foi un tempo pra solidaridade e pra colaboración social na comunidade onde vives. Sempre foi o tempo  pra idealizar e abrazar compromisos sociais e políticos. Eso era así  cando queríamos saír da ditadura franquista.  Mais a día de hoxe, sempre salvaldo as excepcións,  moitos deses valores perdéronse e a participación social e colaboración desinteresada nos problemas  colectivos  desapareceu en gran medida. Tamén pasaron a un segundo plano virtudes como a do esforzo pra acadar mellores resultados no estudio, e incluso a solidariedade social  coa colectividade.
 
Pola contra aparecen outras maneiras de actúar un tanto borreguiles como a de facer tropelías en grupo pra difuminar as responsabilidades que delas se derivan.
 
Vivimos un tempo no que moitos valores básicos e fundamentais desta sociedade están en horas baixas. Nenbargantes  esa xuventude que actúa e que  se divirte arredor dos botellóns, non ten a capacidade  de unirse pra traballar pola mellora social das súas condicións laborais; condicións  que a día de hoxe  son moi  precarias. Ás veces escoitas como se culpa a sociedade de todo o que acontece, no canto de unir esforzos  pra e  enfrontar o problema. Laiarse  sempre culpando  ós demais da falta de inacción, de pouco  vale.
 
Un mozo, pagou coa vida na cidade da Coruña a actuación dos que agochados nun grupo  agreden en manada como os lobos; pagou caro o odio desas minorías que practican a violencia; desas persoas   que soio camiñan pola vida  guiados  por instintos primarios que están moi lonxe dos valores dunha sociedade democrática e tolerante co distinto.
 
En fin, mentres  nunha sociedade non se protexan os valores básicos de convivencia, de respeto o diferente  e  estas xentes que actúan en manada non se   castigen duro co peso da lei,  será dificil  atallar un problema que nos avergoña como  comunidade humana que quere vivir en liberdade.

Un mozo axeónllase ante o altar colocado na beirarrúa onde foi golpeado Samuel, o mozo asasinado na Coruña o pasado sábado 3 de xullo, a 6 de xullo de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Familiares, amigos, e veciños organizaron este altar c. M. Dylan - Europa Press
Un mozo axeónllase ante o altar colocado na beirarrúa onde foi golpeado Samuel, o mozo asasinado na Coruña o pasado sábado 3 de xullo, a 6 de xullo de 2021, na Coruña, Galicia, (España). Familiares, amigos, e veciños organizaron este altar c. M. Dylan - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com