Asociacións de transporte por estrada piden rebaixas de ata o 100% en tramos da AP-9

Tachan de "insuficiente" o anuncio realizado por Pedro Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O Clúster da Función Loxística de Galicia e as principais asociacións de transporte de mercadorías por estrada de Galicia (Fegatramer, Apetamcor e Fetram) tachan de "insuficientes" as bonificacións que o Ministerio de Transportes vai pór en marcha na AP-9.

Un estudo técnico realizado por parte do Clúster identifica que, para que as bonificacións sexan realmente eficientes, precísase que sexan, como mínimo, do 55%, e do 100% en tramos como as circunvalacións das cidades ou en zonas onde a autoestrada debe servir como itinerario alternativo á autovía A-55, na contorna do Porriño.

A este respecto, refírese ao "escaso impacto" que tiveron no ano 2015 as bonificacións do 35% nunha parte da autoestrada, motivo polo cal só duraron cinco meses en funcionamento. Igualmente, o Clúster e as asociacións censuran que "existe unha situación de desequilibrio" no territorio español, que repercute na competitividade das empresas galegas.

"O mes que vén, coa finalización da concesión e consecuente levantamento das peaxes na AP-7 e a AP-2, Zaragoza-Mediterráneo, un terzo dos quilómetros de peaxes estatais situaranse en Galicia. Unha porcentaxe que se eleva ata o 44% se analizamos os quilómetros de peaxes estatais soportados polo noroeste de España", expoñen.

E iso supón unha "situación gravemente prexudicial" para a economía galega, "que ve como os produtos aquí producidos son menos competitivos por ter uns custos de desprazamento uns 50% superiores ao resto do Estado como consecuencia das peaxes".

Ponte de Rande, en Vigo.. PUNTOGA COMUNICACION / MIGUEL RIOPA - Arquivo / Europa Press
Ponte de Rande, en Vigo.. PUNTOGA COMUNICACION / MIGUEL RIOPA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta