Os cogomelos, tesouro económico oculto para Galicia

Unha xornada divulgativa desenvolvida polo grupo operativo Mikogest puxo en valor os recursos micolóxicos de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O clima e a foresta de Galicia fan que a nosa comunidade sexa un lugar idóneo para a produción de cogomelos. Así o destacou o catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enceñaría, Antonio Rigueiro, que participou nunhas xornadas promovidas polo grupo operativo Mikogest. Nestas xorndas píñense en valor os recursos micolóxicos e as súas posibilidades de aproveitamento como un activo máis das fincas forestais. 

Cesta de cogomelos. Foto: XMF Cogomelos. Foto: XMF
Cesta de cogomelos. Foto: XMF Cogomelos. Foto: XMF

A produción de cogomelos empeza a ser importante tanto polo seu volume como pola actividade empresarial que se pode asociar ao sector, pero trátase dunha produción que se podería incrementar, como explicou Rigueiro. 

"En Galicia aínda non somos capaces de acadar valor engadido a uns activos forestais que poden chegar a multiplicar por oito o seu valor noutros mercados nacionais e internacionais", explicou o catedrático, que desenvolveu diferentes estudos sobre a rendibilidade dos cogumelos na década dos 70. 

As variedades boletus, cantarela e níscalo son as máis habituais e abundantes en Galicia, e a súa produción poderíase incrementar de xeito moi notable. Porén, Rigueiro tamén lembrou a "micofobia" que presenta gran parte da poboación galega. 

Nas xornadas participaron o xefe da área forestal de Cesefor, Roberto Rubio, e a xerente de Cose, Patricia Gómez, que desatacaron a creación de App Smarbasket. Trátase dunha aplicación móbil a través da cal os usuarios poden acceder a ampla información sobre as diferentes especies de cogomelos. Ademais, a xerente de Cose tamen destacou a posta en marcha dunha asociación nacional de carácter profesional de produtores e colleitadores de recursos micolóxicos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta