Caramuxo Teatro, Baobab Teatro, Rilo & Penadique e Cé Orquestra Pantasma no Festival das Núbebes en Pontevedra

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A oitava edición do Festival dás Núbebes terá lugar o sábado 18 e o domingo 19, o sábado 25 e o domingo 26 de setembro, no Teatro Principal de Pontevedra e contará coas compañías de renome Caramuxo Teatro, Baobab Teatro, Rilo & Penadique e Cé Orquestra Pantasma

Serán os próximos fins de semana, consecutivos, e contarán cunha dobre función, ás 12,00 e ás 18,00 horas. As entradas poranse á venda a partir do próximo luns e custan 3 euros, os bebés tamén pagan.

Despois de ter que cancelar a edición do pasado ano, este Festival de artes escénicas para bebés e familia volve nun formato máis reducido, debido ás limitacións que impoñen as medidas sanitarias implantadas con motivo da pandemia.

A concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, presentou este xoves este festival que é "moi querido" na Boa Vila, porque "conecta perfectamente co espírito da cidade", que "soa a nenos e nenas na rúa xogando".

PROGRAMACIÓN CULTURAL

Esta iniciativa forma parte da programación municipal que irá ata decembro no marco do programa 'Telescopio da Cultura', no que teñen un protagonismo "moi potente" todas as actividades dirixidas para o público infantil, no caso de Núbebes para os máis "pequerrechiños".

Carme Fouces destacou o "gran nivel" que ofrece sempre este festival de artes escénicas coidando aos espectadores "desde bebés", de modo que nos espectáculos infantís posteriores de teatro, danza ou narración "teñen que ter uns estándares bastante altos". Respecto diso, puxo o acento que xa desde Núbebes "está a educarse ao público a esixir niveis de calidade importantes".

Personaxes da obra La bruja y Don Cristobal, de Títeres desde Abajo
Personaxes da obra La bruja y Don Cristobal, de Títeres desde Abajo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta