Esgotadas as prazas para o festival 'Espazos Sonoros', que conclúe este fin de semana en Vimianzo e Zas

Por E.P. | A CORUÑA | 20/09/2021 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

O festival 'Espazos Sonoros. Sons e lugares do Reino Medieval de Galicia', unha iniciativa da Deputación da Coruña e dos municipios de Brión e Vimianzo, afronta o seu último fin de semana con todas as prazas esgotadas, segundo informa o organismo provincial.

A iniciativa, das áreas de Cultura e Patrimonio, ten como obxectivo dar a coñecer os recursos patrimoniais da provincia combinando as visitas guiadas con actuacións musicais.

"Ofrecer a oportunidade de gozar do noso patrimonio dunha maneira máis emocional, a través de experiencias culturais de calidade, é o obxectivo desta iniciativa que, tal e como xa se demostrou nas dúas primeiros fins de semana, resultou todo un éxito", indica o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas.

Vimianzo continuará o ciclo o vindeiro sábado nunha xornada que inclúe unha visita ao castelo desta localidade e un concerto de Xoán Curiel. O domingo terminará no concello de Zas, onde está prevista unha visita ao conxunto das Torres do Allo e unha actuación a cargo de Pablo Pérez Sanmamed.

Por outra banda, a Deputación da Coruña publica este luns, no Boletín Oficial da Provincia, a concesión definitiva das subvencións a clubs e entidades deportivas da provincia que compiten no ámbito local, provincial e autonómico, das que se beneficiarán 162 clubs.

Espazos Sonoros. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Espazos Sonoros. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta