Por GCAgro | Lalín | 06/03/2014 | Actualizada ás 13:00
Por fin os platos máis representativos da grastronomía galega como son o cocido galego e o lacón con grelos poden deleitar os padais tanto dos galegos como do resto da humanidade ....e sen ter que cociñar.
Isto é posible grazas á empresa Embutidos Lalinense que dende hai algo máis dun ano ven elaborando tanto lacón con grelos como cocido galego en conserva, precisamente dende o centro máis representativo do cocido en Galicia: Lalín.
O lacón con grelos comercialízano en formato de 400 gramos e de 1 kilo, mentres que o cocido galego véndese en formato de 1,8 kilos.
Un prato moi apreciado entre os galegos emigrados
O director comercial de Embutidos Lalinense, Afonso López, salienta en declaracións a GcAgro a boa acollida que están a ter estes produtos. "Os hábitos de consumo están cambiando, cada vez temos menos tempo para cociñas, e os consumidores agradecen poder dispor de xeito fácil e rápido destes platos tan representativos da dieta atlántica, da gastronomía galega, e feitos con produtos de primeira calidade", asegura.
Salienta tamén "a demanda que están a ter entre os galegos e galegas emigrados, que piden que lle enviemos as nosas conservas porque alí é difícil atopar os ingredientes e gústalles o noso produto porque lles lembra ao sabor do cocido da casa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.