Verín presenta a súa programación de Nadal

As actividades están pensadas para todos os públicos e centradas no lecer, a cultura e a dinamización do comercio local. Comezan este 5 de decembro e rematan o domingo 8 de xaneiro do 2022.

Por X.M. Fernández | Verín | 04/12/2021 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Na presentación da programación de Nadal do Concello de Verín estiveron a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, xunto co xerente e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Xosé Ángel Rodicio e Santos Álvarez.

Presentación da programación de Nadal en Verín. Foto: Prensa do concello.
Presentación da programación de Nadal en Verín. Foto: Prensa do concello.

"Desde o executivo local queremos devolver a ilusión ás veciñas e veciños de Verín nestas datas tan especiais  do Nadal", comentaba Emilia Somoza ao tempo que facía un chamamento á responsabilidade da cidadanía para que se cumpran as medidas de prevención establecidas e se minimice o risco de expansión da COVID-19.

Nadal e Cultura únense nunha programación que arrinca este ano coa a súa Feira de Nadal, a inauguración do tradicional Belén da Viruca e tamén co acendido da iluminación da vila. En palabras de Somoza: "Este ano preparamos unha decoración urbana de Nadal moi especial, deseñada especialmente para que a cidadanía  poida gozar das súas rúas, do comercio local e da hostalería coa súa familia e amizades".

ACTIVIDADES

Para os máis pequenos da casa, Os Bolechas e os  QuebranocesGisela – Disney Kids; e para un público máis familiar contaremos coas actuacións do Conservatorio de Música de Verín, Emilio Rúa, a Banda de Gaitas  Nova Era e un concerto tributo a Il Divo da man de  L´yberic Crescendo.

Ofrecerase tamén, como todos os anos, o Servizo de ludoteca “Ludonadal” dirixido a meniños e meniñas, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, co obxecto de facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as  vacacións de Nadal.

E para rematar, a Gran Cabalgata dos Reis Magos. Este ano os nenos e as nenas de Verín poderán gozar dunha espectacular comparsa composta por tres magníficas carrozas con animación musical  na  que  súas  maxestades, os Reis Meigos de oriente, percorrerán as  rúas de Verín  nunha espectacular cabalgata. A roteiro finalizará na Praza do Concello, onde  terá lugar un espectáculo familiar de vídeo proxección na fachada da casa consistorial, e unha chocolatada para todos e todas.

DINAMIZACIÓN DO COMERCIO LOCAL

Para activar o comercio tamén se presentan varias accións organizadas pola Asociación de Comerciantes de Verín (AEVER), en colaboración co concello.

Segundo explicou o seu xerente, Miguel Ángel Rodicio, "ademais da campaña anual “Os 6.000 de Verín”, organizamos dúas actividades destinadas ao público infantil como son varias xornadas de divertidos xogos inchables e pasarrúas con temática de Nadal que encherán de música e cor as rúas de Verín durante todas as festas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta