Temas: FRASEOLOXíA

“Facer oídos xordos” ou “facer oídos moucos”, equivalentes, entre outras, á castelá “hacer oídos sordos”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 26/12/2021 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Seguindo pola derrota principiada na anterior entrega, achegámonos desta vez a secuencias expresivas equivalentes á castelá hacer oídos sordos, empregada para manifestar que alguén no quere atender ó que escoitou ou está a escoitar, que non quere facer caso do que escoitou ou está a escoitar.

Perda auditiva, audífono, oído. OI2 - Arquivo
Perda auditiva, audífono, oído. OI2 - Arquivo

Hacer oídos sordos

{= Non querer atender ó que se escoitou ou está a escoitar, non facer caso do que se escoitou ou está a escoitar.}

Facer oídos xordos

Facer oídos moucos

[E MAIS]:

Facer orellas xordas

Facer orellas moucas

Facer orellas pechas

Oír con orellas pechas

Ex.: La oposición critica que el Gobierno haga oídos sordos ante la situación de crisis que están atravesando el sector.

A oposición critica que o Goberno faga oídos xordos faga oídos moucos faga orellas xordas faga orellas moucas faga orellas pechas oia con orellas pechas ante a situación de penuria que está a atravesar o sector.

Ex.: No debería hacer oídos sordos a las reivindicaciones de sus pocos empleados, que al fin y al cabo fueron quienes arrimaron el hombro cuando la cosa estaba muy complicada.

Non debería facer oídos xordos facer oídos moucos facer orellas xordas facer orellas moucas facer orellas pechas ás reivindicacións dos seus poucos empregados && oír con orellas pechas as reivindicacións dos seus poucos empregados, que ó cabo e á conta foron os que deron cheda cando a cousa estaba ben complicada.

● Tamén:

Hacer oídos de mercader && Hacer caso omiso

Facer oídos de mercador && Facer caso omiso

● Inda tamén, basicamente naqueles contextos en que alguén fai caso omiso ou oídos moucos ás recomendacións, consellos ou ordes que lle dan, pasando delas:

Bebelas coma o boi a auga # como o boi bebe auga # coma o boi ladrón # coma o cuco # coma o caldo

Ex.: Sus padres le dijeron que a las once en casa, pero hizo oídos sordos.

Seus pais dixéronlle que ás once na casa, pero fixo oídos xordos pero fixo oídos moucos pero fixo orellas xordas pero fixo orellas moucas pero fixo orellas pechas pero oíu con orellas pechas pero bebeunas coma o boi a auga pero bebeunas como o boi bebe auga pero bebeunas coma o boi ladrón pero bebeunas coma o cuco pero bebeunas coma o caldo.

NOTAS:

1. É de facer notar que para todas estas secuencias se pode botar man do verbo ouvir no canto de oír, así como do substantivo ouvido no canto de oído.

2. En relación coa locución orellas moucas, nótese a paremia a palabras loucas, orellas moucas, que veremos no seu día cando abordemos as paremias galegas equivalentes da castelá a palabras necias, oídos sordos.

3. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- López Taboada, Carme & Soto Arias, Mª Rosario: “Sete catas na orixe da fraseoloxía”. En Estudos de Lingüística Galega, 2, 2010, páxs. 221-233. Instituto da Lingua Galega.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta