Pérez Jácome e Núñez Feijóo

O alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, quitou 2 sobre 27 concelleiros no 2011, 8 no 2015 e baixou a 7 no 2019, malia que desta vez quitou a alcaldía por vez primeira coa inestimábel colaboración do voto do PPdeG de Núñez Feijóo.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 13/02/2022

Comparte esta noticia

E mantén ésta alcaldía só con outros 3 concelleiros (4/27!!), logo de que os demáis marcharan do seu partido localista (Democracia Ourensana-DO-) no primeiro ano da súa alcaldía, por mor de graves sospeitas de corrupción (suposta esixencia de “peaxes”a respecto dos soldos dos cargos de confianza).

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas antes da pandemia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, tras a reunión na cidade das Burgas antes da pandemia | Fonte: EP

Antes de entraren no concello e instrumentando a súa canle de TV e máis o seu partido, Jácome denunciara na xurisdición penal moitas das actuacións do goberno local de coalición PSdeG-BNG que gobernou Ourense entre xuño de 2007 e maio de 2015. Denuncias que ficaron todas en arquivos ou absolucións, malia que desfixeran daquela a gobernanza municipal ourensá.

Mais Pérez Jácome non estivo só nesta angueira, pois que contou coa colaboración inestimábel do pasado fiscal provincial de Ourense, Florentino Delgado, que desenvolveu o cargo entre 1995 e primeiros de 2019 e que foi sancionado pola Fiscalía Xeral do Estado a 19 meses de suspensión pola comisión de  dúas faltas moi graves e outras dúas graves (atrasos inxustificábeis no trámite de denuncia contra o antigo alcalde do PP de Ourense, Manuel Cabezas e a outros 18 meses de suspensión por outras dúas faltas moi graves, por continuar no uso da súa vivenda ourensá con cargo á Xunta cando ésta xa lle requirira a despexala.

Pérez Jácome está sendo investigado por un delicto de malversación de diñeiro público polo Xulgado de Instrución nº 2 ourensán, polo desvío ao seu propio patrimonio persoal de 50.000 € e ao da súa canle Aurea TV polo pagamento da súa licenza  á Unión de Televisións Galegas.

Este venres, 11-F, o alcalde ourensán botou fóra do Pleno arbitraria e ilegalmente ao voceiro do BNG, Luis Seara, feito que motivou o abandono do Pleno por parte dos grupos do BNG, PSdeG e PPdeG, canda os tres concelleiros non adscriptos no seu día elixidos ola candidatura da D.O.

O  casco histórico ourensán agunía, amosando o meirande número de baixos comerciais baleiros de toda Galicia, mentres este alcalde transfire todos os recursos humanos municipais destinados ao casco histórico aos servizos xerais de Urbanismo. Tamén deixou sen orzamento nin xestión as principais actividades culturais que desenvolvía o concello, entre elas o Festival de Cinema.

E que dí Núñez Feijóo? Que dí Tellado, secretario xeral do PPdeG?  Só calan cando non celebran os desaquelados actos e falas desta catástrofe ourensá e galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.