Catro persoas resultan feridas nun accidente de tráfico en Narón

Tamén foron atendidas tres persoas por accidentes en Cariño e Soutomaior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía e golpear contra unha columna o turismo no que circulaban no lugar de Quinta, no concello coruñés de Narón. O 112 Galicia recibiu o aviso deste accidente pouco antes das nove da noite, a través do O61, que informaba de que catro persoas necesitaban asistencia sanitaria, pero que se atopaban fóra do vehículo sinistrado.

Segundo informou o servizo de emerxencias, ademais dos profesionais sanitarios, tamén acudiron ata o punto os Bombeiros de Narón, os axentes de Tráfico e da Policía Local.

UNHA PERSOA TRASLADADA EN CARIÑO

Por outra banda, unha muller tivo que ser trasladada tras envorcar o vehículo que conducía na estrada DP-6121, no quilométrico 4, ao seu paso pola parroquia de Feás, no concello coruñés de Cariño.

Minutos antes do cinco da madrugada un particular contactaba co 112 Galicia para informar dun coche envorcado, nun terraplén e cunha muller atrapada no seu interior.

Accidente viario
Accidente viario | Fonte: GARDA CIVIL

DOUS FERIDOS EN SOUTOMAIOR

Tamén esta madrugada, ao redor da 01,00, o 112 Galicia tivo constancia doutro accidente, no que dúas persoas resultaron feridas o concello pontevedrés de Soutomaior. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta