Somos unha colonia

As faccións que gobernan España e os seus adláteres, desde a instauración do R78 son liberais. A propaganda fai o resto para ocultar a evidencia. Exemplos últimos: a reforma laboral.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 23/02/2022

Comparte esta noticia

A cuestión foi a seguinte,  Bruxelas da que somos un protectorado, impón   a súa regulación do mercado laboral ao Reino de España en beneficio do capital exterior e do palco do Bernabéu. A patronal e os sindicatos asinan os papeis remitidos desde Bruxelas e Berlín á ministra de traballo do PCE-PODEMOS.  O goberno PSOE-PODEMOS-PCE, elabora o proxecto de lei para ratificar   o imposto por Bruxelas no parlamento monicreque. Chegado o día da escenificación,  PSOE, PODEMOS, PCE, CIDADÁNS  e os deputados necesarios do PP apróbana. Para manter a farsa ante os votantes, montan un circo, un  teatrillo, e  sanseacabó. As leis laborais elaboradas por Bruxelas e ao servizo do capital internacional, e do Palco do Bernabéu  impostas aos traballadores e pequenos empresarios  xa son obrigatorias.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante unha sesión de control ao Goberno no Senado, a 16 de novembro de 2021, en Madrid (España). Os grupos parlamentarios cu. Jesús Hellín - Europa Press
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, durante unha sesión de control ao Goberno no Senado, a 16 de novembro de 2021, en Madrid (España). Os grupos parlamentarios cu. Jesús Hellín - Europa Press

Outro Exemplo: O goberno do PSOE, PODEMOS, PCE, cumprindo ordénes da OTAN, brazo armado dos capitalistas de  EUA, e as instrucións do  Pentágono, envía tropas ao conflito dos  EUA polo dominio de Ucraína. Sen preguntar ao pobo, envíanas, e as demais faccións calan. Asunto resolto.  Outro exemplo, “Operación Acordeón” realizada aproveitando o tema do  Covid. No ano 2020 o goberno impuxo peches forzosos a pequenos negocios que foron á quebra. Con iso elimínase competencia para as grandes superficies comerciais e  empresas. E increméntase o exército de traballadores, baixando o prezo do traballo, e aumentado o  paro.

A maiores, a Axenda 2030 dirixida polo PCE impón substituír unhas actividades económicas por outras, e en España  iso conleva a quebra de moitos negocios e actividades económicas. De aí vén a contrariedade do  chuletón de Garzón, xa que a Axenda 2030 quere crear un novo comercio internacional,  con novos hábitos de consumo, e os  produtores de aquí non van poder competir. E pronto entrara  en vigor o tratado de libre comercio con  MERCOSUR.

O tema da inmigración en masa é outra mostra da subordinación a Bruxelas e Berlín.  Marrocos cando lle dá a gana manda a decenas de miles de persoas a España, un país con 4.000.000 de parados. Con iso aumenta o exército de reserva de traballadores, provocando unha baixada de salarios. O goberno do PSOE, PODEMOS e PCE, acatan a orde e as súas consecuencias, e ademais, nun alarde de cinismo patrocina ese feito.  Retrocedemos ao século  XIX.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Álvaro Rodríguez Nuñez Doctor en Ciencia Política. Autor de varios ensaios sobre procesos políticos contemporáneos. Ten publicado diferentes estudios en revistas de pensamento político, nas cales colabora.