Le, ve e celebra en galego

Desde GCTendencias propoñemos actividades para desfrutar das diferentes expresións culturais en Galicia este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas. Contacontos, teatro, exposicións, música, visitas guidas e máis...

Por GC Tendencias | Santiago | 16/05/2014 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Le en galego

Na mañá do Día das Letras Galegas celébrase a penúltima xornada da Feira do Libro na  Praza Maior de Lugo, con actividades varias como presentacións, contacontos, obradoiros e actuacións de música tradicional.

Sabela en concerto
Sabela en concerto

As editoriais tamén aproveitan para dar a coñecer as súas novidades no Día das Letras Galegas. A partir das 17:30 Pemón Bouzas presenta o seu último libro A voz do vento (Xerais), sobre a figura lendaria de María Soliña. Será no Pazo de Goiáns de Boiro e forma parte da programación da IV Romería das Letras do Barbanza. A editorial Xerais tamén organiza a partir das 18:00 no Local Test Pop Up da Coruña outra presentación, a de Contra a morte das linguas. O caso do galego., un ensaio de Miguel Moreira Barbeito sobre a diminución da diversidade lingüística.

Na noite, ás 22 horas, preséntase no Café UF “Negra Sombra Blues” de Vigo o segundo libro de poesía de Cruz Martínez, Xeografía em branco e negro, con limiar de Alexandre Insua. Tras o acto comezará o habitual “Círculo Poético Aberto”, recital poético que se celebra neste local os segundos sábados de cada mes.

552139_396151673825712_999837618_n

Ve teatro en galego

A compañía teatral de títeres Fontoches Baj leva a escena os poemas do homenaxeado co seu espectáculo “O asombro con Díaz Castro”. Baseáse na súa obra anterior que protagonizaba Uxío Novoneyra, coa idea de que se estableza un diáloo entre ambos poetas. Será ás 21:30 na Área arqueolóxica-termal das Burgas, en Ourense. O evento forma parte da programación para celebrar as Letras Galegas desta cidade. Antes do espectáculo haberá ambigú con produtos locais.

Expositor da editorial Kalandraka na Feira do Libro de Santiago
Expositor da editorial Kalandraka na Feira do Libro de Santiago

Outro espectáculo teatral no noso idioma que se poderá desfrutar o día 17 é “Da Vinci tiña razón!” de Roland Topor, levada ao escenario por Producións Teatrais Exceéntricas con dirección de Quico Cadaval. Ás 20:30 no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Abrapalabra Creacións Escénicas interpreta dúas obras no festivo, a obra de Cándido Pazó dirixida por Cristina Domínguez da Pena, “As do Peixe” (20:30 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia) e “Memorias das memorias dun neno labrego”. Esta obra, escrita e interpretada por Cándido Pazó, comezará ás 18 horas no Salón de Actos do Concello de Fisterra.

Outras compañías que recuperan obras no Día das Letras Galegas son Grupo Chévere con “Eurozone” (Teatro Jofre, Ferrol, ás 20:30) e o Centro Dramático Galego con “Longa viaxe cara á noite” (Teatro Principal, Ourense, 20:30).

Para nenos hai múltiples espectáculos, coma “O paporrubio na granxa” de Seisdedos Títeres (Paseo da Corredoira, Tui, 16:30),  “Vai ser boa!” de Migallas Teatro (Centro Social de Dena, Meaño, 19:30) ou o espectáculo de maxia “Onde está o Mago Antón?” de Creacións Máxicas Lirolai (Casa da Cultura de Trabada, ás 20 horas).

552139_396151673825712_999837618_n

Celebra en galego

A Fundación Vicente Risco, en Allariz, organiza unha xornada completa para festexar as Letras Galegas, que comeza a mediodía cun contacontos de Uxía Morán “A vaca que puxo un ovo” e termina coa música de Ugía Pedreira, a partir das 21:45, pasando pola presentación do libro de Laura Tato Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo (20:00) seguido da proxección do “Noticiario Folque” de 1932.

Para os máis pequenos, a Romaría Pequeninha organizada por Semente Trasancos no paseo de Xubia (Narón), onde a partir das 17 da tarde haberá música de Sabela, xogos, contacontos, merendola, máis un mural en vivo que fará Lendro Lemas.

O Concello de orixe do poeta homenaxeado Xosé María Díaz Castro tamén organiza unha xornada de celebración na tarde do 17 de maio, con recitais de poesía e a actuación da Banda Municipal de Música e da Coral de Xermolos. A partir das 19:30 na Casa Habanera de Guitiriz.

E segue a programación do Festiletras 2014, en O Couto, unha pequena aldea de Bergantiños. O dezasete é o día do I Encontro de Aldeas Singulares, coa presentación a a partir das 10:30 de diferentes experiencias en aldeas galegas. Ás 14 horas comezan as actividades máis lúdicas, con sesión vermú e actuación de Lúa Chea, e despois contacontos para nenos e obradoiros de treboada e txalaparta. A festa continúa ata máis alá dás 23horas, cando comeza un concerto de Oreka TX con Joao Alfonso e Xabier Díaz.

552139_396151673825712_999837618_n

Visita en galego

O Museo de Pontevedra súmase á celebración do Día das Letras Galegas, con “Un iálma no museo”, unha visita dramatizada a través dalgúns dos fondos expostos arredor da figura de Castelao. Será a partir das 21:30 e require previa inscrición. Tamén haberá unha representación teatral que versa sobre o pensamento de Castelao a cargo da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Haberá dúas funcións deste “Castelao, verba e terra”, ás 18:30 e 20 horas.  A mediodía, a partir das 12 horas, hai contacontos con Raquel Queizás para nenos de todas as idades. Únense así a celebración do Día das Letras Galegas e a Noite dos Museos, en anticipo ao Día Internacional dos Museos do 18 de maio. Por este motivo, as instalacións do Sexto Edificio e do Sarmiento estarán abertos ata a medianoite.

E por último, o Concello de A Coruña organiza no Día das Letras Galegas unha visita especial ao cemiterio de San Amaro. Trátase dun percorrido nocturno centrado na presenza de escritoires galegos neste camposanto, como Eduardo Pondal, Manuel Murguía, Curros Enríquez, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Lugrís ou os irmánsVilar Ponte. A visita, teatralizada, contará coa figura de Fiz de Cotobelo, personaxe extraído de O Bosque Animado, quen explicará aos participantes historias, anécdotas e mitos sobre o cemiterio e os seus moradores. A actividade comeza ás 20:30 e parte da entrada do cemiterio de San Amaro.

Cándido Pazó
Cándido Pazó | Fonte: Foto: culturagalega.org
Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra | Fonte: Foto: www.museo.depo.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Decathlon

Chegoume un correo de Decathlon que di: con motivo del "Día das letras galegas" las tiendas gallegas permaneceremos cerradas el sábado 17 de mayo y abriremos el domingo 18 de mayo. Ole ole...Deporte en galego? Mandeilles unha queixa, contestarán? Farían isto en Cataluña por exemplo?