A indignidade de Juan Carlos de Borbón

A Fiscalía adscrita ao Tribunal Supremo estatal ven de arquivar as pescudas, abertas a respecto de indicios que incriminaban ao Borbón, en relación coa recepción, disposición e administración de determinados fondos. Considera a Fiscalía que non ha formuilar querela criminal por considerar que os feitos investigados non constitúen delicto.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 07/03/2022

Comparte esta noticia

Nalgunha ocasión por non existir máis ca indicios non conexos ou por existir indicios de infracción tributaria administrativa e non de delictos fiscais. Noutras constátanse feitos constitutivos de delicto, mais decláranse prescritos. E noutras considérase que os feitos non poden ser obxecto de persecución penal por ter desfriutado de inviolabilidade o Emérito até o 18 de xuño de 2014, data na que cesou pola súa demisión, na Xefatura do Estado.

A suposta doazón de case 65 M€ do rei da Arabia Saudí e máis o pagamento en de máis de 1,4 M € do sultán de Bahrein. Juan Carlos de Borbón liquida no 2012 os activos todos de Lucum transferíndollos á Sayn-Wittgenstein a unha conta das illas Bahamas.

A investigación coida probado que o 08.08.2008 (data con evidentes evocacións esotéricas) a Fundación panameña Lucum (creada días antes tendo como beneficiario dos seus fondos ao Emérito e, faltando él aos seus fillos, incluído o actual Xefe do Estado) abriu unha conta bancaria na banca Mirabeaud e que nesa mesma data o rei  saudí Abdala bin Abduladiz transfería á devandita 100 M USD (algo menos de 64,9 M€) en concepto de doazón (agasallo, na suposta tradición das Monarquías árabes, segundo foi reflectido nunha memoria xustificativa da operaicón, simultánea á mesma). Tamén ficou probado que o Emérito ingresou en efectivo na mesma conta no 2010 algo máis de 1,4 M€, que lle foran  achegados polo sultán de Bahrein, cantidade  que levou no peto polos aeroportos ao abeiro do seu pasaporte diplomático. E tamén a  transferencia dos activos todos da Fundación Lucum (saldos bancarios en €, francos suizos, USD e valores mobiliarios) a unha conta bancaria nas illas Bahamas como “doazón irrevogábel a prol de Corina zu Sayn-Wittgenstein”.

Juan Carlos I
Juan Carlos I | Fonte: CHANCE - Arquivo

A Fiscalía considera que non existen indicios para considerar que a suposta doazón do rei árabe estea vencellada a supostas comisións pola construción da alta velocidade ferroviaria entre Makkah e Medinah, malia coincidir no tempo coa apertura da fase II do proxecto e as manifestacións da amiga alemá do Borbón, que declarou terlle ouvido que a él pertencíanlle por comisións dese negocio “50 M€”. Xa que logo non coida que este feito integre  un delicto de corrupción nos negocios, mais si un delicto de suborno pasivo impropio, que pena aos funcionarios públicos que acepten agasallos de terceiro por mor de desenvolver o cargo que desenvolven. O agasallo de máis de 1,4 M€ do sultán de Bahrein tamén integraría este tipo delictivo, seguindo á Fiscalía. E, en último de contas, a transferencia de todos os activos da Fundación Lucum (65 M€) ao dispor da Sayn-Wittegenstein constituiría un delicto de branqueamento de capitais, ao “legalizar” fondos de nidia orixe delictiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.