Falece unha moza nunha colisión na AP-9 á altura de Guísamo

Nada máis chegar, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da condutora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2022 | Actualizada ás 10:47

Comparte esta noticia

A colisión de dous vehículos rexistrada na mañá deste xoves na autoestrada AP-9 saldouse cunha persoa falecida, a condutora dun deles, que tivo que ser rescatada do interior dun dos coches implicados no municipio coruñés de Bergondo.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 9,00 horas na AP-9 á altura de Guísamo, no termo municipal de Bergondo. Así o confirmou o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazou ao lugar tras ser informado polo 112 Galicia, tras recibir a chamada de alerta de varias persoas particulares.

Foron as testemuñas do suceso os que, sobre as 9,00 horas, chamaron ao 112 para indicar que se acababa de producir un accidente na saída de Guísamo a Betanzos, sentido Ferrol, en Bergondo.

Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención de profesionais sanitarios e dos Bombeiros de Betanzos. Con todo, nada máis chegar ao momento, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento da condutora. Así mesmo, foi precisa a intervención dos bombeiros para liberar á vítima, que quedou atrapada no interior do turismo.

Ao lugar o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado cuxo persoal sanitario confirmou o falecemento no lugar da moza A.G.V., de 26 anos de idade, indicaron fontes sanitarias a Europa Press.

Este operativo contou coa colaboración dos membros de Protección Civil de Bergondo. Ademais, acudiron ao lugar os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e o servizo de mantemento da vía.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta