Os medios ante os grandes da canción

Case 50 xornalistas, entre cámaras e redactores, asistiron hoxe a rolda de prensa de Alejandro Sanz para presentar o concerto que dará o vindeiro sábado en Santiago con Shakira, a maior parte deles dos chamados medios do corazón. E, por suposto, non faltaron os "pelotilleros de turno"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Pero o espectáculo chegou cando unha redactora dun novo programa da TVG (que comezará a emitirse en breve), 'Acompañame', agasallou ao divo con "ostras frescas traídas directamente del mercado de La Piedra de Vigo" e cun peluche en forma de corazón cun lema do estilo 'Galicia te quiere'.

Por suposto, as ostras foron servidas nun prato logo de agardar nunha neveira portatil que a redactora tivo con ela durante toda a rolda de prensa. E como en todo encontro cos medios dos grandes da farándula non faltou o típico "que bonita es Galicia" y "uno de mis abuelos era gallego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

16 xan

Alalá está de gala substitúe (espero que temporalmente, porque non sabería vivir xa sen o Luar) a Gayoso ese ben nacional. Será un derradeiro intento por manterse na poltrona? Será unha maneira de contentar a Paco Rodríguez, Jorquera e Lobeira (que respiran -agónicamnte- polo idioma. e digo agónicamente porque logo non lles quedan folgos para defendelo ante as aberrantes declaracións do Valedor dun pobo que non é o meu, dende logo). Sexa como for espero que Suso, desta volta, non o consiga (ou non alomenos vendendo sempre o mesmo). A ver se os galegos nos quitamos dunha vez o complexo de inferioridade, de choróns "morriñentos" e a saudade e erguemos a voz, que para iso a temos.

P.S. Ah, por certo, propoño o nomeamoento de Gayoso como ben cultural, ou patrimonio da galeguidade, ou...

15 xan

Tanta paz leve como tranquilidade deixa. esperemos que os responsable de colocar ó sucesor teñan máis cabciña que co anterior.

14 Enterados

Mira que sodes agresivos nesta narcosala. Pois nós tamén. O pobre Susiño o Colombiano fai o que pode, que non é pouco. Nunca pensou en que lle tocara esta lotería e segue sen enterarse dous anos despois. Pero en breve voltará á vida marxinal e roqueira.

13 pepe

e mentres, tamén as mesmas produtoras que triunfaron co PP seguen a triunfar con el. Partidas presupostarias millonarias polo sumidoiro dos silencios comprados. Ai, Susiño, Susiño, o día que os tempos sexan por fin chegados.

12 Divan

e mentras tanto productoras galegas con proxeción internacional como Aldea Films tiveron que pechar polos delirios persecutorios de Susiño o Colombiano e Maligno o Poltronas