Rafa Domínguez (PP): "Lores fixo moito por Pontevedra, pero agora está canso"

Anuncia que se presentará de novo á presidencia local para buscar a alcaldía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O actual presidente en funcións do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, confirmou oficialmente este xoves a súa intención de presentarse ao XIII congreso da formación local, que será o próximo 7 de maio no hotel Galicia Palace. Nunha comparecencia de prensa, Domínguez avanzou que Pepa Pardo e José Benito Suárez Costa repetirán como secretaria xeral e vicepresidente do partido, xa que "o seu apoio e confianza son irrenunciables".

A convocatoria, aberta a todos os afiliados ao corrente de pago, terá que ir acompañada de 25 avais. Precisamente, Pepa Pardo e Suárez Costa formalizaron o seu aval a Domínguez ao termo da presentación. Rafa Domínguez ligou a presidencia local do PP coa súa candidatura á Alcaldía da capital da provincia. "Teño a intención de ser alcalde de Pontevedra", entre outras razóns porque quere unha cidade "planificada e ordenada cun tráfico fluído sen imposicións", dixo.

Ademais do tráfico, Domínguez sinalou que a súa política local pivotará sobre "unha Pontevedra limpa", ligada ao deporte, "que non abandone as parroquias", e que aposte polos barrios, "aberta á ría", cun centro histórico "envexable" e que sexa "áxil administrativamente". Ademais asegurou que "debemos continuar e mellorar o modelo de cidade", xa que "o modelo está forte, o que está esgotado é Lores".

Neste sentido, Rafa Domínguez recoñeceu o traballo do actual rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), que "fixo moitísimo por Pontevedra, sobre todo os primeiros anos" e merece o "respecto" de toda a cidadanía, pero cre que está "canso" e "o de hai 24 anos non é o de agora". Esta intención de presentarse, segundo Domínguez, xa foi trasladada ao presidente provincial Alfonso Rueda, ao agora en funcións dirixente do PPdeG, Miguel Tellado, e ao agora presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez,. PP
O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez,. PP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O problema non é que estea canso ou deixe de estar canso, o problema é que BNG non teña recambio para permitir a xubilación de Lores, 24 anos na poltrona non parece a mellor das políticas futuras... O mesmo sucede en Vigo cos 15 anos que leva Abel e segundo afirma pretende seguir de alcalde dúas lexislaturas máis (23 anos) A xerontocracia era cousa da extinta URSS pero como se pode ver algúns teñen medo a soltar o poder ¿por que será?