Volve a 'Festa do Boi' de Allariz

Asociación Cultural Xan de Arzúa e Concello de Allariz presentaron xa un avance do que será a programación e o cartel anunciador dun dos eventos máis importantes para a vila do Arnoia.

Por X.M. Fernández | Allariz | 10/04/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Juan Antonio Seara, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, e encargado da parte histórica, explicaba na presentación que parte da programación está aínda sen pechar pero que contan que a finais de mes se poida dar a coñecer a programación completa.

Cartel 'Festa do Boi' (2022)
Cartel 'Festa do Boi' (2022)

A Festa do Boi deste 2022 desenvolveranse entre os días 11 e 19 de xuño con actividades musicais, teatrais, encontros populares así como saídas do boi que farán que a veciñanza de Allariz, e as persoas que se acheguen a mesma, podan gozar de novo da Festa do Boi.

A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 500 persoas participaron na teatralización na última edición, e agardan que este ano se iguale a participación dos gremio ataviados cos seus respectivos traxes e representen, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi.

A Festa contará cunha completa programación de actividades para a cativada: carreiras de boi infantís, o espectáculo de monicreques creado polos centros de ensino de Allariz, o Pistaboi, a merenda infantil e algunha que outra novidade. Ademais coa colaboración da concellería de cultura realizaranse obradoiros co CEIP Padre Feijóo de Allariz. No apartado de animación musical a entidade organizadora intentará contar con grupos de gaiteiros, charangas, e grupos musicais entre outros.

ORZAMENTO E CARTEL

A Festa do Boi conta cun orzamento que está sufragado pola achega voluntaria dos veciños e veciñas, comerciantes e hostaleiros de Allariz aos que porta por porta se lles pide contribución todos os anos. O seu carácter popular fai que a Festa do Boi sexa do pobo e para o pobo.

Presentación da 'Festa do Boi de Allariz 2022'. Foto: Prensa Concello de Allariz
Presentación da 'Festa do Boi de Allariz 2022'. Foto: Prensa Concello de Allariz

Na presentación oficial dos preparativos e da estrutura da Festa do Boi deste ano tamén se deu a coñecer o cartel. Miguel Robledo, autor do deseño, explicaba que o cartel pretende expresar o concepto de mitoloxía que hai detrás desta celebración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta