Tempo de lecer e reflexión

Lembro que nas clases de filosofía o profe afirmaba que, pra poder reflexionar e filosofar, había que estar nun estado semellante á folganza. Ou sexa: non estar obligado polo traballo. O obxectivo era distanciarse das cousas ordinarias e ver a vida dende unha perspectiva distinta pra facer propostas razonadas ós problemas humanos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 20/04/2022

Comparte esta noticia
E seguindo a premisa  de  distanciarme da ideoloxía partidaria e mirar a realidade  social dende unha fiestra distinta,  vexo a sociedade  de hoxe como unha masa social  moi manipulabel que actúa, máis que pola razón, pola forza dos  impulsos; que valora máis  o lecer máis banal que o esforzo individual e colectivo, e todo elo  sen decatarse das consecuencias que deso se derivan.
 
Desta maneira vexo que diante as calmidades da guerra, neste caso de Ucraina,  e das súas consecuencias, por estar moi distantes do conflito, caemos no erro en menosprezar o que pode devir pra occidente se a razón do máis forte se impón. Ou sexa: a teoría da destrucción fronte a do dereito internacional;  a da imposición fronte a da  liberdade dos pobos a elexir o seu destino. De ser esto sí parece que a sociedade non se decata de que, no mundo libre, podémolo  pasar moi mal se a liña da forza se impón fronte a da razón e fronte a defensa  dos dereitos humanos.
 
Vexo tamén que neste noso Estado a ausencia de ética e de principios, permítelle a algúns privilexiados   facerse de ouro a costa do sofrimento dos demais. Un rapaz de familia ben,  dixo que é  perfectamente legal dar pelotazos e gañar cartos por facer de intermediario pra mercar tapabocas nun tempo cando morria xente a esgalla. Isto  implica santificar os fraudes económicos como o que  fixeron na comunidade de Madrid durante a pandemia.
 
E seguindo iste camiño,  tamén percibo que, no eido máis proximo que é a nosa cidade, as mentiras na política son o caldo de cada día. Pois en Ourense Jacóme colgase medallas mentres insulta ós copañeiros que o manteñen na poltrona. E pregoa  que  é o que ten as ideas; que  é o que fai todo e que é o que arranxa todas a cousas que están mal. Vamos, que temos un alcalde que falando é un crak  e contando trolas  tamén.  
 
E  neste contexto  titiriteiro, que é no que se convirten os plenos en Ourense,   iste señor   anima  a que outros denuncien ós concellais da oposición. O asunto   é desfacer á oposición.
As cousas  no noso día a dia son asi de retortas. Mais hai quen por unha pequena subvención axeónllase e fai o traballo  escuro que lle mandan e,  pola contra,  hai quen seguindo os seus principios  marcados por unha ética non denuncia  e deixa pasar que lle  chamen matón e macarra.
 
En fin, o profe  dicia que pra filosofar había que distanciarse dos problemas e velos dende unha optica distinta. E  agora que estamos no que foi un tempo de reflexión cristiana, digo foi, pois hoxe en día é un tempo basicamente de lecer con certo grao de folclorismo, e nalgúns casos histérico, pode ser un bo momento pra meditar sobre a situación da humanidade e  pensar como actuamos no día a día todos.
 
Ben sei que, despois de dous anos case pechados, precisamos saír  cheirar as flores e ter contacto coa natureza. Precisamos falar uns cos outros vernos e falar. Maís iso non é impedimento pra que, dalgunha maneira, fagamos unha autoexploración de como actuamos na vida, e  miremos ó noso arredor pra decatarnos de distinguir   na politica o grao da palla. E se é posibel arredar de nos os fanatismos desa xente que so ve a súa verdade, e que son os que ameazan a sociedade das libertades que hoxe temos.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: EP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com