Estas son as novas conexións de Renfe entre A Coruña e Santiago coa zona sur de Lugo e Ourense

Refe di que se adaptan aos horarios a varios colectivos, principalmente, ao do estudantado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Renfe reconfigurará desde o domingo 8 de maio a conexión entre A Coruña e Santiago de Compostela coa zona sur de Lugo, Ourense e ata Ponferrada, "mellorando unha ligazón diaria para permitir chegar en menos tempo", axustándose aos horarios máis demandados de regreso dos usuarios.

En concreto, os clientes que viaxen no tren Avant con saída da Coruña ás 15,10 horas, paso por Santiago de Compostela ás 15,38 horas e chegada a Ourense ás 16,18 horas, unha vez cheguen á cidade das Burgas, poderán enlazar co tren que vén de Vigo e que pasará por Ourense ás 16,30 horas.

Con iso, o tren Vigo-Guixar-Ponferrada modifica a súa saída ás 14,10 horas (ata o 7 de maio este tren sae ás 13,55 horas) e continuará viaxe desde Ourense ata as localidades da zona sur da provincia de Lugo, a provincia de Ourense e ata finalizar o traxecto en Ponferrada, cuxa chegada será ás 19,20 horas (en lugar da as 18,49).

Varios colectivos, principalmente de estudantes, solicitaban un horario que lles permitise terminar a súa xornada, especialmente os venres, e poder desprazarse ata os seus fogares nun mellor tempo, destaca Renfe.

Arquivo - Tren Avant. RENFE - Arquivo
Arquivo - Tren Avant. RENFE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta