O plan para dotar de 5G ao rural galego que podería quedar en papel mollado

A Xunta apunta a Adif antes as demoras do proxecto, do que di "non ter noticias" dende hai un ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A Xunta reiterou a súa disposición a colaborar co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) no seu plan para aproveitar as súas infraestruturas de cara a dotar de tecnoloxía 5G ás zonas rurais de Galicia, aínda que di "non ter noticias" de avances desde "hai un ano". Así o manifestou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada socialista Leticia Galego na Comisión 6ª do Parlamento galego, celebrada este mércores.

Pereira asegurou que non existen avances "case un ano despois" do anuncio efectuado polo Adif e do acordo unánime da Cámara autonómica (a proposta do PSdeG) para aproveitar as liñas do AVE no desenvolvemento das liñas 5G. A responsable do Executivo autonómico incidiu en que non hai "ningunha resposta" do Goberno de España sobre esta iniciativa "nin información" de que Adif fose desginado "operador neutro" para a súa posta en marcha.

Sobre isto último, a directora da Amtega aseverou que "a primeira noticia" que teñen respecto diso foron as palabras da propia parlamentaria do PSdeG durante a comisión, na que apuntou que Adif sopesa establecerse como operador neutro 5G. En definitiva, Mar Pereira remarcou que a Xunta mantén a súa "total" disposición a colaborar no proxecto, no que ve "puntos de acordo" para "reutilizar" certas infraestruturas xa existentes en aras de mellorar a conectividade de zonas rurais.

Parte da aldea de Lanzá, en Mesía, que se vería afectada polo proxecto eólico Brancellao
Parte da aldea de Lanzá, en Mesía, que se vería afectada polo proxecto eólico Brancellao | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta