Escolas Semente e Porque Me Peta celebran as Letras cunha homenaxe ao lexicógrafo Estraviz

Xurxo Souto presentará tamén un acto para enxalzar as crianzas galegofalantes. Todo decorrerá este 14 de maio na Arca da Noe, en Vilar de Santos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

As Escolas Semente e a iniciativa popular Porque Me Peta celebran as Letras Galegas cunha homenaxe ao lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz e ás crianzas galegofalantes. Así, no vindeiro 14 de maio, a partir das 12 horas, terá lugar a 'Festa das Letras 2022' no Espaço Carabunhas, na Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense). 

Cartaz da Festa das Letras 2022 organizada polas Escolas Semente e Porque Me Peta
Cartaz da Festa das Letras 2022 organizada polas Escolas Semente e Porque Me Peta | Fonte: remitida

Nesta ocasión, tal e como explican nunha nota, Escolas Semente e Porque Me Peta homenaxearán, ao redor das 12:30 horas da mañá, o distinguido lexicógrafo Isaac Alonso Estraviz "polo seu constante trabalho e compromisso com a língua e cultura galegas". Ademais, Xurxo Souto presentará, a partir das 16:30 horas, un acto de recoñecemento ás crianzas galegofalantes, "por representarem o porvir e futuro do maior património que pode possuir um povo: a sua língua".

Durante a xornada festiva haberá xogos tradicionais, contos (Raquel Queizás), música

(Estrelas cantariqueiras, Joana e Marinha, e Xiao Berlai), danza en familia (Eva Parmenter), sorteo dunha cesta de produtos Semente, ademais dun xantar comunitario, previa reserva no telefone da Arca da Noe (699 486 282).

Así mesmo, o evento contará coa presenza de importantes entidades culturais e coletivos sociais como a Academia Galega da Língua Portuguesa, a Associaçom Galega da Língua, a Fundaçom Vicente Risco, A Mesa pola Normalización Lingüística, o C.S. A Galleira, así como a iniciativa social Estreleira, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta