A situación da TVG e da RG

Remitennos un mail no que denuncian a situación informativa que atravesa a TVG e a RG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/09/2007 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Anos e anos de procesos de concentración parcelaria conseguiron poñer orde, sentido común e, ó máis importante, facer rendibles as terras de cultivo do noso país, subexplotadas durante séculos polo fenómeno do minifundismo. O sentido de propiedade da terra, do recuncho de cada quen nunha economía de subsistencia, podía e debía dimensionarse. Non tiña sentido que a hiperparcelación da terra provocara efectos tan

negativos como poñer en cuestión a sua productividade.

Ata hai poucos anos, a situación convertía a Galicia en excepción dun medidor de desenvolvemento económico universalmente aceptado: a mecanización do agro. Resulta que o número de tractores nas explotacións agrarias galegas chegou a superar o promedio dos paises

europeos máis desenvolvidos; o malo é que, por falta de acordo co veciño, ó último modelo do John Deere ou Ferguson traballaba tres ou catro semanas ó ano e o resto pasábao a cuberto, en contra da máis elemental lóxica productiva.

Parecía, pois, o minifundismo unha estructura superada, pero as circunstancias políticas fanno subsistir. Ou alomenos así o parece no ámbito dos medios de comunicación de titularidade pública.

Asistimos nos últimos días a unha severa confrontación entre un dos socios do Goberno da Xunta, o BNG, e unha parcela do medio público Televisión de Galicia: os informativos. Dende a Vicepresidencia critícase a ausencia do seu titular nos espacios de noticias e decídese excluir ó medio das convocatorias de actos; dende os Informativos respóndese con feitos: os seus profesionais desaparecen dos actos do vicepresidente, nunha decisión sen precedentes no medio público, contraria a Lei de Creación da CRTVG, que establece á obriga de informar á cidadanía das actividades das institucións autonómicas, e, sobre todo, abandoando a obriga ética de transmitir a información por riba de calquera presión política.

Desde a dirección da TVG (BNG) non se actúa: simplemente non hai capacidade. O departamento de Informativos (PSOE) funciona autónomamente. Son parcelas independentes.

Outra parcela dos medios públicos, a Radio Galega (BNG) ven mantendo una actitud abertamente hostil contra os socialistas. Por citar só un exemplo do que podería ser unha descripción enciclopédica, este pasado agosto acumulábanse as declaracións dos promotores da folga da policía local de Lugo, nun claro intento de desgastar a xestión do alcalde socialista.

Nunca a Radio Galega a a Televisión de Galicia, sendo medios de comunicación irmáns, camiñaron editorialmente por roteiros tan distantes. Dada a visible dependencia de forzas políticas rivais pero puntualmente amigas, non sería estrano que un medio e outro cheguen a entrar nunha dinámica de confrontación informativa.

Non é só que ós actuais xestores dos medios públicos lles quede grande o traballo encomendado -que lles sobra ata o punto de ter confesado privadamente a sua incredulidade en seren eles os elixidos- senon que,

ademáis, os seus xefes políticos movense no medio do desconcerto e a improvisación.

En todo caso, a situación dos medios públicos é parella á que vive a Xunta bipartita. Calquera cidadán meridianamente informado coincidirá na percepción de que ´´o mal sono´´ dunha noite de verán para facer cantar ós pequerrechos que aínda non falan no demencial ensaio das "ikastolas" galegas, é un síntoma moi severo de confrontación das duas minorías que crearon unha artificial maioría de goberno.

Á volta ós vellos modos de reparto, parcelacion e minifundio parece confirmar o temor.

Domingos Meixide

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 80 comentarios

30 galiza ceive!

sobre onde estudaron os ultimos etarras, temos que recordad que juana chaos e ángel acebes foron compañeiros de escola... ambos foros a un colexo católico.

http :// blogs.periodistadigital.com/ultimahora.php/2007/03/13/antes_de_ser_asesino_etarra_de_juana_cha

29 galiza ceive!

Pois que nos dera que o resultado das ikastolas viñese a nosa terra. Nafarroa é a comunidade máis rica e con millor renta do estado. E unha boa parte é pola excelente educación que recibe a xente nas ikastolas.

Quen nos dera que o PSN, ou UPN tivese o nivel que teñen os de NaBai, que todo o mundo recoñece que foron os que máis decencia tiveron en toda a crise. E dende logo, os que máis respeto a democracia e a nafarroa demostran.

Por certo, a infumable tvg subiu un 7% a audiencia.

28 Galegodeseu

Acabo de ler nun xornal que Aymerich, do Bloque, pide a reforma da CRTVG. Poís é verdade, era unha promesa electoral dos dous partidos do bigoberno. Por certo, tamén era a causa de que non encontraran xestores: ian ser provisionais ata a entrada en vigor da nova lei que -prometeron- suporía a elección do director xeral polo Parlamento...
Entón entraron os suplentes e así nos vai.
Estou con Aymerich: hai que alinear a titulares. O problema vai ser dar con profesionais que se poñan as ordes dos respectivos partidos para, aínda por riba, andar enfrontándose entre eles.
Empezo a pensar que esto non ren remedio. ¿E que tal si derruban o edificio e o volven contruir?.

27 Quinteiro

INFUMABLES. Así se poden resumir os informtivos da TVG e da Radio Galega. Polo que falo cos amigos, é unha opinión xeral da miña xente, por certo, xente cualificada e con criterio. INFUMABLES

26 Oscar

Sigo a insistir na casualidade, "Elisa": eres igual de borde e igual de facha que o Juan Español xusto agora que el non aparece, e aínda por riba pretendes dicir que me coñeces. Juan, deixa de cambiarte o nome, que se nota de lonxe, o teu estilo é demasiado particular. Penoso.