Accidente laboral: ferido un operario tras caer á cubeta dun camión en Sada

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/05/2022 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Os servizos de Urxencias Sanitarias-061 tiveron que atender este venres un traballador tras resultar ferido nunha perna nunha caída de cinco metros á cubeta dun camión en Sada.

Segundo informa o 112 Galicia, a alerta foi recibida sobre as 15,00 horas da tarde a través da chamada do equipo sanitario de urxencia, que indicaron que unha ambulancia xa se dirixía cara ao lugar de Espírito Santo.

Con estes datos, ademais dos efectivos do 061, a central de emerxencias puxo a situación en coñecemento de Protección Civil de Sada e dos axentes da Garda Civil.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta